Presentamos o campamento de ciencia e tecnoloxía 2025 de Amigus, que este ano repite ubicación no local do pulpo a carón do parque da Fraga e terá lugar na primeira semana de Agosto.
O campamento terá unha duración de 5 días, de luns a venres, en horario de 9 a 14h horas.
As inscripcións poderán facerse dende o día 15 de xullo neste enlace ou no seguinte QR.
Como ven sendo habitual, as rapazas e rapaces entre 9 e 14 anos poderán descubrila ciencia na cociña, aprenderen interactivamente sobre botánica, ou descubrir sobre o cosmos no planetario hinchable. Por suposto tamén programarán e montarán distintas placas de programación, farán experimentos ou mesmo manualidades. Este ano contaremos de novo cunha actividade de realidade virtual e voltaremos convidalos á merenda grazas a Servicio Móvil.