Inconmensurables as cativas do CD As Pontes feminino. Apenas acuden aos partidos co equipo xusto de efectivos, un día si e o outro tamén, e nove vitorias consecutivas.
Nesta ocasión, 2-0 ao Olímpico de Rutis, e cun tanto de Paula no inicio e outro de Carlotinha co tempo cumprido conseguiron os 27 puntos as de Víctor Couce. E nesta ocasión, por fin, puideron disfrutar dunha tarde libre de domingo.
Igualadas no alto da táboa co favorito e campión do ano pasado, Xuventude Dorneda, con próxima visita ao complicado Sporting Burgo C, quinto, que lles quiten o bailado. Xogaron Laura, Nerea, Paula, Noelia, Carol, Sara, Carlota.
Nova cortesía Xose Ferreiro































































Nova cortesía Xose Ferreiro
Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.