O Ateneo Eumés infórmavos dunha actividade que se vai levar a cabo o vindeiro domingo 31 de agosto e que será importante para recordar a historia da nosa vila.
Trátase da conmemoración do 1º discurso político dado en galego o 8 de agosto de 1891, dende o balcón da Casa Consistorial de Pontedeume, a cargo do escritor e mestre Galo Salinas Rodríguez, que viviu e exerceu a súa profesión nesta vila.
Descubrirase unha placa no baixo do edificio do concello e logo haberá un gran acto público na Alameda en conmemoración daquel discurso, no cal participarán o actor Quico Cadaval, a escritora Margarita Ledo, a cantora eumesa Ana Belén Manteiga, o Presidente da RAG Henrique Monteagudo, ademais da música de Charamela.
Achegamos o cartaz do acto e un libriño coas principais informacións deste acto
Para máis información ver a nosa páxina web nesta ligazón: ateneoeumes.fala.gal/eventos/
Nova cortesía da asociación Euro Eume.