Descenso do Sil
O sábado 13 de setembro, o Grupo Xuvenil As Pontes de Piragüismo acudía ata a localidade ourensá do Barco de Valdeorras, para participar no LVII Descenso do Río Sil.
Nun percorrido de 7,5km entre Sobradelo e o Malecón do Barco, no que predominan numerosos e caudalosos rápidos.
Dende o noso concello acudían tres embarcacións k2, participando en home xuvenil Xalo García e Adrián Filgueira nunha k2 e noutra Omar Penabad e Adrián Ribeiro, e tamén unha k2 veterán home, tripulada por Miguel Timiraos e Antonio Polo.
Os resultados foron os seguintes, unha gran victoria de Xalo e Filgueira, onde Omar e Ribeiro eran oitavos.
No caso de Timiraos e Polo remataban quintos.
Por clubs acadábase un décimo posto dos trinta e catro clubs presentes.
Nova cortesía do GGrupo Xuvenil Piragüismo As Pontes.