Campeonato España (verducido)
Esta fin de semana disputouse no Complexo Deportivo David Cal – Pontillón do Castro (Verducido, Pontevedra) o Campionato de España de Barco Dragón 500m. Unha xornada con unha alta participación nacional, cun total de 27 equipo que congregaron casi 1000 deportistas.
O Club Nautico Folixa participou nun total de 8 categorias, conseguindo o cuarto posto na categoria de Muller Veterana en BD22 barco composto por Iria, Elena, Roci, Mery, Veronica, Eva, Ely, Vanesa, Sinda, Nely, Tania, Chus, Maria S, Moni, Mariiña, Isa, Lina, Emma, Marta, Raquel o tambor e Iván o timón, quedáronse as portas do podium por tan so tres segundos do equipo Cidade de Lugo.
Duas xornadas intensas, de esforzo, compromiso e gratitude co resto dos equipos. Chega o fin esta segunda temporada de competición oficiais para o Nautico Folixa, regresan con moi boas sensación, con ganas de seguir adestrando e mellorando, e moi contentos por todos os logros acadados durante este 2025.
Un proxecto que sigue medrando, con novos obxetivos marcados para a sua axenda de 2026 e coa mesma ilusión do seus inicios.
Nova cortesía do clube Nautico Folixa