O Club Deportivo As Pontes vén de publicar unha nota comunicando o falecemento nun tráxico accidente de tráfico, ocorrido ó mediodía de hoxe nas inmediacións do Pico do Caxado, do xogador do equipo prebrenxamín, Saúl R. U., de tan só cinco anos de idade e pertencente a unha coñecida familia das Pontes. Neste tráxico e lamentable accidente de circulación, que ten conmocionada á vila das Pontes, tamén faleceu unha parella duns corenta anos, igualmente residente na vila pontesa.
Por tal motivo o Club Deportivo As Pontes decidiu suspender os partidos das categorías de base de fútbol-8 que se ían disputar este luns, 11 de febreiro, nas instalacións deportivas do campo do Poboado, así como os de fóra.
Dende o propio Club Deportivo As Pontes queren facer chegar ás familias dos falecidos o máis profundo e sentido pesar polas perdas dos seres queridos, sentimento ó que nos sumamos dende esta páxina.
Novas
- Os ponteses Alberto da Silva e Román Varela logran o premio a mellor proxecto do XII Carballo Interplay
- Concertos ilustrados. Con Richi Casás
- 1ª Proba Copa Galega Infantil de Piragüismo
- ACTUACIÓN DO CVF AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN 2025
- PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA 2025 DA CLASE VAURIEN
- Campionato de España Piragüismo Xóvenes Promesas
- IX ruta turística vila de As Pontes
- Folixa camp Semana Santa
- Xornada de promoción do barco dragón
- Desafío olímpico para socios do Grupo Xuvenil
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios