Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 RC DEPORTIVO DE A CORUÑA B 1

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes da un gran paso hacia a salvación. Sensacionais tres puntos para o equipo azul, victoria que incluso deixa ó cadro de Manolo García a un punto da fase de ascenso, pero que coa derrota do Vilalonga alonxa en 13 puntos a zona de descenso, que é o obxectivo prioritario.
Comezaba o partido con un sentido minuto de silencio polo falecemento de Don Evaristo Puentes Durán, pai do ex colexiado de Primeira División durante once anos, do mesmo nome, moitos nenos e rapaces que hoxe forman parte deste clube quizais non o chegaran a coñecer, pero Evaristo foi unha desas moitas persoas que coa súa adicación ó clube nuns tempos moi difíciles contribuiu a que o CD As Pontes hoxe en día sexa o que é. Gracias Evaristo.
terceira


A pesar de estar en horas baixas presentabase no Poboado o Deportivo co campión europeo sub19 no verán pasado, no que España derrotou a Grecia 1-0 en Estonia, o central Pablo Insua, o subcampión continental sub17 2010, o tamén central, agora medio centro, Uxío Marcos, ou o dianteiro internacional Dani Iglesias, ademáis de Sidibe e as maiores promesas de Galicia, e foron os coruñeses os que avisaron por medio de Teles (5´), pero despois en sendos despistes de Insua, tiveron as súas Cañizares e Arias, que estiveron moi activos nesta primeira metade, ata que no 20´ Bossa sacó o seu “guante” e nunha falta ó borde da área situou o 1-0.
Tras unha falta que non era, e en posible fora de xogo empatou o filial deportivista, iso si, golazo de libro, sinxelo, práctico, pase en profundidade de Luis, Lemos prantase ante Kiko, e con calma marca de tiro cruzado.
Dende banda esquerda o carrileiro Pablo Domínguez sacou un poderoso centro chut, que se colou pola escadra xusto antes de que o colexiado sinalara o camiño hacia os vestiarios.
Na segunda metade, o Deportivo chegaba en perigosas contras, a pesar de que o As Pontes xogou un partido moi serio, todos, e Hugo Filgueiras moi ben na súa parcela. Tamén tivo as suas aproximacións o As Pontes, anque o equipo non conseguía finiquitar.
Sen embargo nada máis reanudarse o encontro tivo unha boa ocasión o cadro local na que non se entenderon Bossa e Amado.
A máis clara dos deportivistas chegou no 53´ na que salvou milagrosamente Kiko unha internada de Lemos.
Cañizares puido quedar so no 54´, pero a pesar da súa gran calidade foiselle o balón no control. Tamén destacar unha cabezada do gladiador Nano tras saque de córner (59´). Un minuto máis tarde, internada de Amado.
No 68´ Luis disparou ó borde da área rozando a escadra, e no 77´ nun contragolpe que non se debeu producir Lemos tirou cruzado ante a saída de Kiko.
Respondeu o As Pontes no 82´, pero Eloy non chega a un pase en profundidade de Dani. Gran dianteiro ó que este ano lle caen todas as adversidades enriba.
No 88´ chegou a última dos deportivistas, un cabezazo de Dani Iglesias que saiu a rentes do pau.
Os azuis conseguiron conservar a renta e situanse sextos con 37 puntos antes de encarar o choque en Bouzas.
Estes días permítense grelos, lacón, filloas e orellas, pero cando acabe o entroido hai que preparar a conciencia as tres etapas dos Alpes ante Bouzas, Alondras e Cerceda.
2 CD As Pontes. Kiko, Hugo, Nano, Chote, Rochela, Dani, Amado (Dieguito 66), Bossa (Esmorís 84), Arias (Eloy 80), Cañi, Pablo Domínguez.
1 RC Deportivo de A Coruña B. Marc, Iván González (Jose Manuel 77), Roberto (Romay 60), Insúa, Ángel, Sidibe, Lemos, Uxío, Luis (Vela 73), Teles, Dani Iglesias.
Goles: 1-0, Bossa (20´), 1-1, Lemos (38´), 2-1, Pablo Domínguez (45).
Árbitro: Gonzalo Goyanes López (Santiago). Auxiliado nas bandas por Queija Pérez e Fontes Mosqueira. Amonestou a Nano, Chote, Dani e Roberto.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde fría pero despexada. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento esta semana de Evaristo Puentes Durán, utilleiro, masaxista e encargado dos campos durante máis de 30 anos, asemade, o único posuídor da insignia de ouro e brilantes do clube.
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios