LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 4 VIVEIRO CF 0
Importante victoria do xuvenil no encontro ante o Viveiro por 4 tantos a 0, goles de Magi e Adrián, os dous primeiros.
Marcador redondeado nas postrimerías do encontro con tantos de Alex Montero e de Dani de penalti, cometido sobre el mesmo, coa saída de Javi, que revolucionou os últimos minutos.
Aínda pendentes dos seus choques ante O Val e o Eume, o As Pontes é quinto con 34 puntos, por 36 de Vilalbés, 42 de O Val, 46 Residencia e 48 do líder Caranza.
Para a semana complicada visita ó Atlético Fátima.
Xogaron os de Carballo con Ángel, Saviola (Jandro), Rubén, Gonza, Diego (Darío), Juan, Adrián (Dani), Esteban, Magi (Tiny), Alex Montero, Criado (Javi).
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.