A liga de fútbol de veteranos pontesa está que arde na loita polo título, pois, a falta de tres xornadas para o final da competición, agora cinco equipos son os que teñen opcións de acadar o título, logo dos resultados que se deron na décimo sexta xornada disputada a pasada fin de semana.
Farmavida, despois do seu claro triunfo sobre As Pontes 74, é o novo líder con 27 puntos, os mesmos que ten Santaballés, que descansou nesta xornada. En terceira posición está Mobles Eume, que sorprendentemente empatou a cero goles diante do colista Maren. La Galaxia, que goleou a Xuntanza, figura na cuarta posición con 25 puntos, e no quinto posto, con 23 puntos, atópase A Cepa, que venceu pola mínima a MMYPEM.
A vindeira xornada depara dous interesantes choques, o que enfrontarán o domingo, 3 de marzo, ás dez da mañá (10,00) a Santaballés e Farmavida e a continuación (11,00), A Cepa contra La Galaxia. O sábado (20,00) enfrontaranse Xuntanza e Mobles Eume. O outro partido da xornada será o domingo (12,00) entre As Pontes 74 e Maren. Descansará MMYPEM.
La Galaxia – Xuntanza (6-0) Barcón (3), Eladio, Oscarín e Sito
Farmavida As Pontes 74 (3-0) Tino (2) e Mariño
MMYPEM A Cepa (0-1) Pichel
Maren M. Eume (0-0)
Descansou: Santaballés

CLASIFICACIÓN (ptos)
1º – FARMAVIDA – 27
2º – SANTABALLÉS – 27
3º – MOBLES EUME – 26
4º – LA GALAXIA – 25
5º – A CEPA – 23
6º – XUNTANZA – 14
7º – AS PONTES 74 – 11
8º – MAREN – 8
9º – MMMYPEM – 8
GOLEADORES
SITO (La Galaxia) – 9
FERNÁNDEZ (A Cepa) – 8
LOZANO (Santaballés) – 8
PEPE (Mobles Eume) – 7
OSCARÍN (La Galaxia) – 7
17ª XORNADA 3/4 – Marzo – 2013
A Cepa – Xuntanza (Sáb. 3, 20,00)
Santaballés – Farmavida (Dom. 4, 10,00)
A Cepa La Galaxia (Dom. 4, 11,00)
As Pontes 74 – Maren (Dom. 4, 12,00)
Descansa: MMYPEM
Nova cortesía de A.F.