Amigus
As Pontes

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE K2 E C2 SOBRE 3000 m

Vindeiro 7 de febreiro de 2026

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O vindeiro 7 de febreiro de 2026 o Grupo Xuvenil organiza en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e o Concello das Pontes o Campionato Galego de inverno sobre 3000 m en embarcacións dobres.

Horarios

A competición comezará ás 10:30 horas con parada para comer e está previsto que remate ás 17:30 horas.

  • Ás 10:00 comezará a competición co Máster home e muller en k2 e C2.
  • Ás 10:30 será turno para as mulleres cadete (k2 e C2) e os homes cadete C2.
  • Ás 11:00 os homes cadete K2.
  • Ás 11:30 as mulleres infantil A e B e os homes infantil B nas dúas modalidades xunto coas C2 home infantil A.
  • Ás 12:00 os homes infantil A K2.
  • Ás 12:30 turno para as K2 muller júnior e as C2 muller júnior e sénior.
  • Ás 13:00 remata a xornada de mañá coas C2 home júnior e sénior.
  • Despois da parada para coller forzas está previsto comezar a tanda de tarde ás 16:00 coas K2 muller sénior.
  • Ás 16:30 será o turno para os home júnior en K2.
  • E rematamos ás 17:00 coas K2 home sénior.

 

As entregas de medallas serán apróximadamente ás 11:30, 12:30, 13:30 e 17:30 horas, segundo vaian remaantando as tandas de competicións.
CGI k2/C2 2026

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios