Amigus
As Pontes

¡¡¡ O ESTEO FÚTBOL SALA CAMPIÓN DE LIGA !!! O ESTEO F.S. – C.D. RECECENDE F.S. (7-5)

O Esteo non quixo esperar máis e este sábado proclamouse por primeira vez na súa historia campión de liga e logrou, a falta de catro xornadas para o final, o ascenso á Segunda División B, despois de vencer nun disputado partido ó Rececende da Pontenova por 7-5. Estivo máis incisivo o equipo local, pero enfronte atopouse cun Rececende, capitaneado polo veterano Josiño, que vendeu cara a súa derrota e en momentos puxo en apuros ós ponteses. Así, ós tres minutos os lugueses logran adiantarse no marcador, que logo remontaron Gerardo, cun golazo polo escuadro, e Rubi. Empatarían os visitantes, pero antes do descanso Rubi, con dous goles poñía o 5-3 co que se chegou ó remate da primeira parte. No segundo tempo os visitantes aproveitaron o nerviosismo dos ponteses e empatan o partido nos primeiros cinco minutos. Sen embargo, os xogadores do Esteo puxeron de novo a cargar as pilas co afán de non defraudar á súa afección, que quería celebrar o título e o ascenso neste partido, e con dous goles máis sentenciaron o vitoria local, por outro lado merecida diante dun bo equipo, no que destacou o veterano Josiño, quen ós seus máis de corenta anos segue amosando unha envexable forma física e unha gran calidade técnica. Despois chegou a euforia dos xogadores e o numeroso público asistente a esta xornada que se pode cualificar como unha das máis históricas do deporte de As Pontes.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Iván, Pellón, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Héctor, Bolly, Gerveno e Choto.
C.D. RECECENDE F.S.: Javi, Josiño, Marcos, Vijande, Antón –cinco inicial- Pablo, Mario e Diego.
ÁRBITROS: Dacal Deza e García Freiría (Vigo). Amoestaron a Gerardo, Rubi, do Esteo, e Javi, Marcos, Pablo, Mario e Diego, do Rececende.
GOLES: Min. 3 (0-1), Antón. Min. 4 (1-1), Gerardo. Min.6 (2-1), Rubi. Min. 16 (2-2), Antón. Min. 17 (3-2), Rubi. Min. 18 (4-2), Héctor. Min. 18 (4-3), Vijande. Min. 19 (5-3), Rubi, de penalti. Min. 24 (5-4), Marcos. Min. 25 (5-5), Marcos. Min. 28 (6-5), Fran. Min. 31 (7-5), Bolly.
INCIDENCIAS: Gran ambiente nas gradas do pavillón municipal da Fraga con máis de 500 espectadores para presenciar este partido da Terceira División de fútbol sala, que supuxo o primeiro título de liga e o ascenso do equipo pontés nos seus oito anos de historia.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios