Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES RESULTADOS 3-4-5 DE MAIO DE 2013

LIGA GALEGA XUVENIL: S.D. Brexo Lema – C.D. As Pontes (1-4)
Gran vitoria do equipo xuvenil, 1-4 en Lema-Cambre ante o Brexo Lema, que deixa sentenciada a súa permanencia na categoría un ano máis, unha vez que os azuis suman 50 puntos a falta de tres xornadas e distáncianse en nove puntos do Boiro e Conxo B, que marcan a criba do descenso. Xa quintos con 50 puntos, teñen que aproveitar os partidos que lles quedan ante grandes rivais, e ademais directos, para quedar o máis arriba posible, tentar vencer nas consecutivas visitas de Vilalbés e Orillamar e na derradeira xornada na casa do Val para tratar de acabar terceiros. Galicia de Caranza 71 puntos, Residencia 64, ascendidos os dous, O Val 52, Orillamar 51, As Pontes 50, Lugo B e EF Lalín 49, Vilalbés 48, Bergantiños 47.
PRIMEIRA CATEGORÍA CADETE: C.D. As Pontes – Cultural Maniños (7-3)
O cadete venceu 7-3 (Fernández 2, Brais Blanco, David Rey, Roberto, Iván e Andrés) ó Cultural Maniños e segue terceiro a dous puntos do Val a falta dunha xornada. O encontro xogouse no campo principal do Poboado na tarde do venres. Para disputar a fase de ascenso á Liga Galega os azuis necesitan gañar na última xornada ó décimo clasificado, Meirás, e que perdan os valexos. Posibilidades hai, o Galicia de Caranza, xa campión e dominador absoluto da tempada con 31 triunfos por un so empate, visita o campo de Sinde o próximo sábado, se cadra reservando ós titulares para afrontar en mellores condicións a fase de ascenso, pero segue sendo o favorito. Galicia de Caranza 61 puntos, O Val 52 e As Pontes 50 puntos.
cadete


cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
PRIMEIRA CATEGORÍA INFANTIL: C.D. As Pontes – S.D. O Val (4-3)
O que xa ten asegurada a súa praza é o infantil, pero segue loitando pola liga e máis co agónico triunfo ante O Val por 4 goles a 3 (Josiño, Sergio Otero, Manu e Adrián) nun partido no que chegaron a ter un 4-0 ó seu favor, pero que se lles complicou nos minutos finais. Racing de Ferrol 58 puntos e As Pontes 56. Na última xornada o Ferrol recibe ó Maniños e o As Pontes visita ó complicado Ortigueira, cuarto con 47 puntos.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
CATEGORÍA ALEVÍN
Galicia de Caranza D – CD As Pontes (1-4)
CD As Pontes B – Cedeira B (5-0)
Gran vitoria do Alevín A, 1-4 (Mateo, Javi e Álex 2) ante o Galicia de Caranza D, co cal, acaban o Grupo A, o dos mellores, na sétima posición con 24 puntos. Campión O Val con 51, que ademais xogará por méritos propios a fase final da “Arousa Cup” e segundo o Galicia de Caranza B con 49. Xa máis lonxe o Racing de Ferrol con 33. Bo triunfo do Alevín B, no grupo D, ante o Cedeira B (equipo totalmente feminino), por 5-0 (David, Santi, Brais 2 e Yara), o que os leva a acabar sextos con 29 puntos.
Agora toca a Copa, un torneo no que participarán 40 equipos divididos en 8 grupos de 5, no que pasan os dous mellores a oitavos de final. O Alevín A xogará contra Racing San Pedro B, Cultural Maniños, Rápido de Neda e Xuventude de Cabanas no grupo E, mentres que o Alevín B xogará no Grupo D con EFR Ferrol A e B, Numancia de Ares e Galicia de Caranza B.
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
CATEGORÍA BENXAMÍN
Racing de Ferrol B – CD As Pontes (3-1)
CD As Pontes B – A.D. Miño (3-5)
Xa co título na man o Benxamín A perdeu contra prognóstico ante o EFR Ferrol B, que marchaba penúltimo clasificado, por 3 a 1. Remata a liga como campión con 58 puntos, por 54 do Rápido de Neda e 50 do Numancia de Ares. Precisamente o EFR Ferrol A gañou no Gupo A por diante do Galicia de Caranza. O Benxamín B perdeu por pouco, 3-5 (Hugo, Lois e Iker), ante o Miño, terceiro, e acaba a Liga do Grupo C oitavo con 20 puntos.
Na Copa hai 35 equipos polo que tocarán 3 grupos de cinco equipos e outros 5 de catro, no que igualmente se clasifican a oitavos de Final os dous primeiros. O Benxamín A xogará no grupo G contra Rápido de Neda, Amistade de Meirás e Ánimas, e o Benxamín B terao máis complicado no Grupo A ante Eume B, Perlío B, Cedeira B e Galicia de Caranza C.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
Xornada de Copa en Cedeira
No tocante á Copa Prebenxamín, que se disputou esta fin de semana na bonita vila de Cedeira, resultou vencedor o Galicia de Caranza, que venceu por un avultado e esaxerado resultado de 15-1 ó Racing San Pedro B na final. O Racing de Ferrol e o Numancia de Ares chegaron a semifinais. Dos 28 equipos participantes no torneo coincidían o As Pontes A e B no mesmo segundo grupo. O prebenxamín A gañou ó B por 4-1. Ademais venceu por 4-0 ó Narón BP B e empatou 0-0 co Cedeira B. O segundo prebenxamín azul vencía 3-2 ó Cedeira B pero perdeu 0-2 co Narón BP B e quedou eliminado. En oitavos de final os azuis venceron ó Eume por penaltis tras acabar o encontro con empate a un gol. Caeron en cuartos ante todo un Racing de Ferrol, tras empatar a ceros. Logo o Racing perdería nas semifinais 7-1 ante o que sería campión, Galicia de Caranza.
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios