Meritorio punto do Esteo, que puxo fin a unha racha de cinco derrotas consecutivas, ante un dos grandes como é o Lugo Sala do mítico Miguel Muñoz e o pontés Brunito, nun partido no que foi a remolque prácticamente todo o encontro, con 2-4 ao descanso e que rematou cun vibrante 6-6.
Son quintos con 42 puntos. Quédalles visitar ao líder Pontevedra (xa campión matemático esta xornada) e River Zamora, e recibir a Albense e o colista Begonte.
O ESTEO FS. Regueira, Cokito, Matos, Jandro, Adri – Troncho, Adrián, Rubén.
ADC LUGO SALA. Aarón, Jose, Brunito, Pansi, Isi – Pablito, Yago, Miguel, Rubén, Mitxel e Javi.
GOLES. 0-1, Yago (6´), 1-1, Adri (8´), 2-1, Troncho (9´), 2-2, Jose (10´), 2-3, Brunito (18´), 2-4, Pablito (20´). 3-4, Adri (22´), 4-4, Adrián (23´), 4-5, Yago (24´), 5-5, Matos (29´), 5-6, Pansi (30´), 6-6, Jandro (34´).
Incidencias. Uns 200 espectadores no Pavillón Municipal. Amarelas a Rubén, Cokito e Pansi.
Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro





























































Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro