Campeonato de España jóvenes promesas
O fin de semana dos días 17,18 e 19 de abril, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazaba os seus cadetes ata Sevilla, para formar parte dos padexeiros que formarían a grella de saida no Lll Campeonato de España de jóvenes promesas.
Co Nome do pobo por bandeira, Xalo Romero,Xoel Timiraos e Daniel Ferro clasificabanse o sábado, nún percorrido de 2km para as finais do domingo, que xa serían sobre 5000m.
Os primeiros en participar o domingo eran os home K1 cadete B, Dani e Xoel, con sorte dispar, tras unha boa saida, ambos colocados no grupo de cabeza, Xoel hábilmente conseguía chegar no posto 17º de entre os 124 participantes, e Dani, despois de un volco, refaciase para acabar no posto 61.
Xa en home K1 cadete A, o noso representante, Xalo, indo de menos a máis, acababa o posto 24º entre os 120 contendentes da sua proba.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes
