Amigus
As Pontes

Resultados xuvenil campeonato españa de jóvenes promesas

O piragüista pontés David Tonislavov rematou no posto 26 na categoría home Cadete A k1 sobre a distancia de 1000m o pasado sábado no Campionato de España de Infantis e cadetes que se celebrou no encoro de Pontillón do Castro de Verducido (Pontevedra).
Na súa primeira participación nun campionato de España de pista cumpriu co seu obxectivo de superar a esixente contrareló que so daba paso ás semifinais aos 9 mellores tempos de toda españa (pois as outras 18 prazas de semifinais eran ocupadas directamente polos cabezas de serie). Despois diso rematou 8º na súa semifinal e no mesmo posto na Final C.
Agora, e tras os vos resultados no campeonato galego (9º en 1000m e 8º e 200m) e na Copa de España (27º) quedalle un mes de agosto completo de regatas por da liga galega e comezar a prepararse para o cambio á categoría Junior, na que dende o club temos a certeza de que conseguirá bos resultados se segue a súa progresión.


Nova cortesía Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios