O futbolista pontes Jesús Cañizares Sánchez ven de ascender a Segunda Federación coa SD Compostela, equipo no que tamén xogaban futbolistas con pasado pontés como Kiko Rochela ou Charly.
A SD Compostela acabou na segunda posición na Terceira Galega, por detrás do Arousa, pois a pesar de vencer nos dous duelos directos entre ambos equipo 1-0 e 0-2, os de Vilagarcía remataron con 70 puntos por 68 dos da capital galega, logrando polo tanto o ascenso directo.
Tivo a SD que xogar o play off pola otra plaza de ascenso, e na semifinal, despois dun 0-0 na Magdalena, venceron por un rotundo 6-1 ao Racing Vilalbés no Vero Boquete. Moito máis complicada foi a final, e ambos duelos contra o Atlético Arteixo resolveronse con 2-1 para os locatarios pasando o Compostela por rematar mellor clasificado na Liga.
Nunha das nove finais a nivel español polo ascenso, o Compostela enfrontouse a un dos equipos máis complicados, o Badalona, gañando 3-0 en Santiago, e perdendo 2-0 en terras catalanas e sabendo sufrir lograron finalmente o obxectivo.
Chus xogou 37 dos 40 partidos oficiais, con seis goles anotados ante Boiro, Somozas, Viveiro, Silva, Gran Peña e Montañeros. Felicidades.




Fotos cortesía Mundito Carballo Durán