O atleta pontés Esteban Díaz Pérez proclamouse onte en Madrid Campión de España Máster 45 dos 3.000 metros obstáculos.
E fíxoo dunha maneira aplastante sacando máis de medio minuto ao seu máis inmediato perseguidor.
Dos doce participantes, Esteban, do Atletismo Narón, foi o primeiro en cruzar a meta cun tempo de 10:09:69.
En segunda posición quedou Juan Alberto Carrascal, do Atletismo Santurtzi, cun tempo de 10:39:50, e terceiro foi César Rodríguez, do Atletismo Pitius, cun tempo de 10:40:06.
Xa por fin pode Esteban dicir que logrou a medalla de ouro nun Campionato de España. Merecido.




Nova cortesía Esteban Díaz