Semana grande para o futbol pontés pois catro futbolistas locais foron convocados para os primeiros adestramentos das selección galegas. Fito histórico, pois de toda a comarca de Ferrolterra van cinco representantes, o ferrolán Aaron Rey na sub16, e os resto son xogadores ponteses.
Un asiduo nas convocatorias, que non podía faltar, Enrique Fornos Domínguez, con un ano menos, na selección galega sub18, pletórico comezo de tempada, titular no Deportivo B e debut co primeiro equipo con apenas 16 anos. Ogallá non sexa esta a única alegría que nos dea Quique nesta longa tempada 2013-14.
Destaca o porteiro cangués Iván Villar, que estivo recentemente con España sub17 en Paphos (Chipre), onde a selección española sub17 se clasificou a semana pasada para a segunda fase do Campionato de Europa tras gañar a Moldavia (3-0), Chipre (1-0) e Noruega (2-0).
Adestrarán o martes 15, ás 16:00, no Campo de Sergas, en Santiago de Compostela.
A convocatoria completa é a seguinte:
Deportivo de A Coruña: Miguel Real, Ángel Fernández, Óscar García, Hugo Díaz, Enrique Fornos.
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Federico Varela, Iván Villar, Pablo Rey.
CD Lugo: Manuel Cedrón, Julio Camba, Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño.
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Jose Filgueira, Iago Martínez, Ricardo Baz.
Pabellón Ourense CF: Gorka Grande, Martín Torres, Saúl González
CD Areosa: Andrés Pérez, Raúl Espinosa.
Porriño Industrial: Maykel Barbosa
Outros 24 xogadores na sub16 onde estará o xogador do Caranza Aaron Rey e Manuel Roca, do RC Vilalbés .
Na sub16 feminina presencia de Raquel Béjar Castro, que xa xogou a tempada pasada e este ano está na idade natural, cadete de segundo ano.
O seu adestramento terá lugar o luns 14 ás 19:15 no Campo de As Cancelas en Santiago de Compostela.
A convocatoria completa é a seguinte:
Atlético Arousana: Eva López, Carla Falcón, Sara Pazos, Ariane Martínez, Carmen Sumay.
Orzán SD: Nerea González, Cristina Revuelta, Julia Vilas, Andrea Merino.
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso.
Bértola FF: Fátima Area, María Calvar.
Tomiño FF: Judith García
Milladoiro SD: Nuria Rábano
Victoria CF: Sandra Blanco
EDA Arzúa: Elena Ramos
SCD Pastoriza: Laura Boado
SD Compostela: Marta Domínguez
Tordoia SD: Leticia Santos
Racing Vilariño: Ildara Pérez
ADC Monteforte: Laura Correas
SD Ponteareas: Yaiza Cameselle
Umia CF: Rocío Vázquez
CD As Pontes: Raquel Béjar
Por último, a sub18 feminina deparounos dúas agradables sorpresas, a convocatoria de Mireia e Lía, que se convirten na 5º e 6º futbolistas pontesas en ser convocadas pola selección galega, tras Patricia Blanco, Yaiza Paleo, Malena Mieres e a propia Raquel Béjar.
Mireia Cabarcos Souto, como o seu apelidos a delata é irmá de Alex, actual xogador do pimeiro plantel do As Pontes, precisamente subcampión de España sub18 coa selección galega. A todoterreo Mireia comezou a xogar co equipo feminino do As Pontes con apenas 13 anos, e esta tempada 2013-14 fichou polo SD O Val, xunto coa xogadora de San Sadurniño Noelia Castro, para poder seguir xogando a fútbol 11. A outra convocada é Lía Paz Hernández, que destaca nos lanzamentos a balón parado, filla do ex xogador das categorías inferiores do As Pontes e tamén do Autos Puentes, amén de adestrador de fútbol sala, o gran Gerardo Paz Palotes. Ambas acuden cun ano menos.
Adestrarán este luns 14 ás 19:15 no Campo Novo Milladoiro Agro Novo en Milladoiro.
A convocatoria completa, de nin máis nin menos que 36 xogadoras, na que destacan xogadoras que chegaron a adestrar coa selección española, coma Lucía Camisón ou Belén Fernández, é a seguinte:
Atlético Arousana: Alba Ferre, Tamara Hermida, Bárbara Sierra, Belén Fernández, Paula Dapena.
O Olivo: Paula Domínguez, Sheila Fernández, Irene Fernández, Alejandra Troncoso.
Victoria CF: Ángela Prado, Nerea Parafita, Natalia Llames.
SD Villestro: Ángela Nogueira, Ángela Otero, Antía Vázquez.
ADC Monteforte: Iria Pérez, María Saco, Marian García.
P.M. Friol: Claudia Calvete, Yamire Reimonde.
UD Barbadás: Marta Besada, Olga Grande.
ACRD Boiro: Laura Triñanes, Melanie García.
SDC Arrabaldo: Carolina Álvarez
San Miguel CF: Alejandra Lorenzo
AF Val do Ulla: Olaya Varela
CF Rúa-Valdeorras: Alba Allegue
Racing Vilariño: Sophie Harris
Erizana SD: Lucía Camisón
CCAR Valladares: Lidia Rodríguez
Sárdoma CF: Irina Martínez
SD Ponteareas: Naima Manzano
Bértola FF: Saray Martínez
SD O Val: Mireia Cabarcos
CD As Pontes: Lía Hernández
Nova cortesía de Xose Ferreiro