CATRO FUTBOLISTAS DE AS PONTES CONVOCADOS COA SELECCIÓN GALEGA

Semana grande para o futbol pontés pois catro futbolistas locais foron convocados para os primeiros adestramentos das selección galegas. Fito histórico, pois de toda a comarca de Ferrolterra van cinco representantes, o ferrolán Aaron Rey na sub16, e os resto son xogadores ponteses.
ponteses.jpg


Un asiduo nas convocatorias, que non podía faltar, Enrique Fornos Domínguez, con un ano menos, na selección galega sub18, pletórico comezo de tempada, titular no Deportivo B e debut co primeiro equipo con apenas 16 anos. Ogallá non sexa esta a única alegría que nos dea Quique nesta longa tempada 2013-14.
Destaca o porteiro cangués Iván Villar, que estivo recentemente con España sub17 en Paphos (Chipre), onde a selección española sub17 se clasificou a semana pasada para a segunda fase do Campionato de Europa tras gañar a Moldavia (3-0), Chipre (1-0) e Noruega (2-0).
Adestrarán o martes 15, ás 16:00, no Campo de Sergas, en Santiago de Compostela.
A convocatoria completa é a seguinte:
Deportivo de A Coruña: Miguel Real, Ángel Fernández, Óscar García, Hugo Díaz, Enrique Fornos.
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Federico Varela, Iván Villar, Pablo Rey.
CD Lugo: Manuel Cedrón, Julio Camba, Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño.
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Jose Filgueira, Iago Martínez, Ricardo Baz.
Pabellón Ourense CF: Gorka Grande, Martín Torres, Saúl González
CD Areosa: Andrés Pérez, Raúl Espinosa.
Porriño Industrial: Maykel Barbosa
ponteses
ponteses
Outros 24 xogadores na sub16 onde estará o xogador do Caranza Aaron Rey e Manuel Roca, do RC Vilalbés .
Na sub16 feminina presencia de Raquel Béjar Castro, que xa xogou a tempada pasada e este ano está na idade natural, cadete de segundo ano.
O seu adestramento terá lugar o luns 14 ás 19:15 no Campo de As Cancelas en Santiago de Compostela.
A convocatoria completa é a seguinte:
Atlético Arousana: Eva López, Carla Falcón, Sara Pazos, Ariane Martínez, Carmen Sumay.
Orzán SD: Nerea González, Cristina Revuelta, Julia Vilas, Andrea Merino.
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso.
Bértola FF: Fátima Area, María Calvar.
Tomiño FF: Judith García
Milladoiro SD: Nuria Rábano
Victoria CF: Sandra Blanco
EDA Arzúa: Elena Ramos
SCD Pastoriza: Laura Boado
SD Compostela: Marta Domínguez
Tordoia SD: Leticia Santos
Racing Vilariño: Ildara Pérez
ADC Monteforte: Laura Correas
SD Ponteareas: Yaiza Cameselle
Umia CF: Rocío Vázquez
CD As Pontes: Raquel Béjar
ponteses
ponteses
Por último, a sub18 feminina deparounos dúas agradables sorpresas, a convocatoria de Mireia e Lía, que se convirten na 5º e 6º futbolistas pontesas en ser convocadas pola selección galega, tras Patricia Blanco, Yaiza Paleo, Malena Mieres e a propia Raquel Béjar.
Mireia Cabarcos Souto, como o seu apelidos a delata é irmá de Alex, actual xogador do pimeiro plantel do As Pontes, precisamente subcampión de España sub18 coa selección galega. A todoterreo Mireia comezou a xogar co equipo feminino do As Pontes con apenas 13 anos, e esta tempada 2013-14 fichou polo SD O Val, xunto coa xogadora de San Sadurniño Noelia Castro, para poder seguir xogando a fútbol 11. A outra convocada é Lía Paz Hernández, que destaca nos lanzamentos a balón parado, filla do ex xogador das categorías inferiores do As Pontes e tamén do Autos Puentes, amén de adestrador de fútbol sala, o gran Gerardo Paz “Palotes”. Ambas acuden cun ano menos.
Adestrarán este luns 14 ás 19:15 no Campo Novo Milladoiro “Agro Novo” en Milladoiro.
A convocatoria completa, de nin máis nin menos que 36 xogadoras, na que destacan xogadoras que chegaron a adestrar coa selección española, coma Lucía Camisón ou Belén Fernández, é a seguinte:
Atlético Arousana: Alba Ferre, Tamara Hermida, Bárbara Sierra, Belén Fernández, Paula Dapena.
O Olivo: Paula Domínguez, Sheila Fernández, Irene Fernández, Alejandra Troncoso.
Victoria CF: Ángela Prado, Nerea Parafita, Natalia Llames.
SD Villestro: Ángela Nogueira, Ángela Otero, Antía Vázquez.
ADC Monteforte: Iria Pérez, María Saco, Marian García.
P.M. Friol: Claudia Calvete, Yamire Reimonde.
UD Barbadás: Marta Besada, Olga Grande.
ACRD Boiro: Laura Triñanes, Melanie García.
SDC Arrabaldo: Carolina Álvarez
San Miguel CF: Alejandra Lorenzo
AF Val do Ulla: Olaya Varela
CF Rúa-Valdeorras: Alba Allegue
Racing Vilariño: Sophie Harris
Erizana SD: Lucía Camisón
CCAR Valladares: Lidia Rodríguez
Sárdoma CF: Irina Martínez
SD Ponteareas: Naima Manzano
Bértola FF: Saray Martínez
SD O Val: Mireia Cabarcos
CD As Pontes: Lía Hernández
ponteses
ponteses
ponteses
ponteses
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios