Amigus
As Pontes

A UE e EEUU asinan un acordo para facer totalmente compatibles os sistemas Galileo e GPS

Lendo elmundo.es:
“A vicepresidenta da Comisión Europea, Loyola de Palacio, e o secretario de Estado de EEUU, Colin Powell, asinaron hoxe na cumbre entre Europa e EEUU un ‘importantísimo acordo’ que garantizará a compatibilidade e interoperabilidade dos sistemas de navegación por satélite Galileo e GPS.”…

galileo02580A4,1.jpg


…”Este acordo é ‘unha boa nova’, indicou Palacio. Permitirá ‘dobla-lo número de satélites compatibles’ entre os dous sistemas, considerou pola súa parte Powell.
O acordo permitirá que as sinais en aberto do futuro sistema europeo Galileo e do estadounidense GPS (Global Positioning System) sexan compatibles, polo que os usuarios poderán recibir ámbalas dúas cun mesmo receptor.
O texto acordado tras catro anos de negociacións detalla tódolos aspectos técnicos da colaboración con EEUU para o desenvolvemento do sistema europeo galileo, que debe estar operativo en 2008.
O acordo establece o reparto de frecuencias, que era o principal punto de fricción xa que as autoridades estadounidenses non querían perde-la situación de monopolio que manteñen na actualidade co seu sistema militar GPS.
Ámbolos dous sistemas serán interoperativos ‘ata o maior mivel posible’ na súa utilización civil, mediante a adopción dunha estructura base común de sinais para os seus respectivos servicios abertos.
Disporán de estándares interoperativos de tempo e geodesia (os métodos de medición de obxectos no espacio a traveso de sinais electromagnéticas) para facilita-lo uso conxunto dos sistemas.
O acordo sinala ademáis que ‘excepto por razóns de seguridade nacional’ ámbalas dúas partes non restrinxirán o uso ou acceso á información dos seus servicios abertos e só no caso de situacións de crise haberá que desenvolver un acordo específico.”…
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios