Amigus
As Pontes

O LAGO SPORT FICHA A DANY DOMINGOS

Como adestradora na Escola de Base

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Lago Sport, gracias ao seu convenio co Valdetires FSF, ven de firmar a unha xogadora histórica como adestradora para os seus equipos de base femininos, Dany Domingos.

Cabe recordar que xunto aos históricos Burela, Castro e Poio, o Lago Sport é un dos catro equipos en Galicia que dispón de equipos femininos en tódalas categorías, en concreto, sénior, xuvenil, cadete, infantil, alevín e benxamín.

A hispano brasileña Dany Domingos (13-07-1984), que a vindeira campaña xogará no Valdetires de Ferrol, é unha histórica do Fútbol Sala, e en España leva 17 temporadas, dezaoito coa vindeira.

Coa Selección Española foi medalla de bronce no recente Mundial Filipinas 2025, e gañou dous Europeos, o de Portugal 2022, ao equipo anfitrión, 3-3 (4-1), e o de Hungría 2023, 5-1 a Ucraina.

A nivel de clubes xogou once tempadas no mítico Burela, logrando 7 Ligas, 6 Copas de España, 4 Supercopas, 1 Copa de Europa e 1 Recopa.

Tamén, durante a súa estadía no Cajasur Córdoba chegou a ser pichichi da Primeira División Española, na campaña 2010-11, na que anotou 41 goles, os mesmos que a gran Amparo Jiménez.

Nova cortesía Diego Paz Romero

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios