Amigus
As Pontes

IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE

IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE

O Clube de Atletismo Olympo firmou unha sobresaínte actuación na IX Carreira Popular Concello de Begonte, logrando varios postos de honra nas diferentes categorías de base.

Na categoría A masculina (nados en 2017-2018), cun percorrido de 500 metros, os atletas do Olympo coparon as dúas primeiras posicións. Adrián Alarcón Pose proclamouse vencedor da proba cun tempo de 1:27, mentres que Xoel Fernández Otero cruzou a meta en segunda posición cun rexistro de 1:29.

Na categoría B masculina (2014-2016), sobre unha distancia de 1.000 metros, Dylan Alarcón Pose conseguiu un meritorio terceiro posto ao completar o percorrido en 3:12.

Pola súa banda, na categoría B femenina (2014-2016), tamén disputada sobre 1.000 metros, Ainara Rivas Grueiro alzouse coa victoria tras finalizar a proba cun tempo de 3:21.

A representación do clube completouse na categoría Mini (2019-2022), cun percorrido de 150 metros, onde Lucas Rivas Grueiro obtivo a segunda posición nunha proba non competitiva na que a organización no rexistrou tempos oficiais.

Con estes resultados, o Clube de Atletismo Olympo continúa amosando o bo nivel da súa canteira e o excelente traballo que ven realizando cos seus xoves atletas.

Nova cortesía Clube de Atletismo Olympo

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.