CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 18/19/20 – Outubro – 2013
SEGUNDA AUTONÓMICA: Cedeira SD – CD As Pontes (2-2)
Bo empate do As Pontes B na casa do ata onte líder Cedeira. A pesar de marchar cun 2-0 en contra ó descanso, conseguiron empatar na segunda metade con tantos de Borja e Vicente. Galicia Caranza con pleno de vitorias comanda con 12 puntos; Numancia de Ares, Cedeira e A Capela teñen 10 e As Pontes con 8 puntos. Partidazo a vindeira fin de semana no Poboado contra os da terra do mítico Marcelino.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes CD Calasanz (0-2)
O equipo xuvenil perdeu 0-2 na casa contra o líder Calasanz. Seguen sufrindo e incluso baixan ata a antepenúltima praza con tres puntos, só por diante de Fátima (2) e Imperátor (1). Derbi o vindeiro sábado no campo de Sinde contra o Val, que é undécimo con seis puntos.
No encontro do sábado os azuis incluso fallaron un penalti e os visitantes acabaron marcando dous tantos, incluindo un xogadón do porteiro Ángel Prieto, que nun bo disparo dende fora da área, desviado por un defensa tocou o balón o suficiente para despexalo ó poste, e no posterior rexeite que acabou nos pes do dianteiro visitante, salvou case dende o chan.
Aliñou Felipe Mieres a Ángel, Moi, Jandro, Gonza, Marcos, Esteban, Diego, Iván, Tiny, Rivas e Brais. No segundo tempo entraron Nahum, Rey, Alex Fernández e Alex Cabarcos.
LIGA FEMININA F8: CD Cedeira CD As Pontes (0-3)
O equipo feminino gañou 0-3 ó CD Cedeira e escala ata a oitava praza con 7 puntos, antes de recibir ó Cariño, que suma os mesmos puntos, aínda que cun partido máis.
COPA CADETE: Narón BP CD As Pontes (1-8)
Arrancou o equipo cadete que goleou 1-8 ó Narón Balonpé, o que o fai escalar á cuarta posición con 7 puntos. Mágoa que as dúas primeiras derrotas alonxano de Meirás, Ánimas e Eume que suman 12 puntos. A semana que vén descansan por retirada do Ensanche. Marcaron polo As Pontes: Ayrton (3), Josiño (2), Iago (2) e Jandro.
COPA INFANTIL: CD As Pontes Cedeira SD (7-1)
Segue loitando o infantil que goleou 7-1 ó Cedeira e sitúase cuarto con 15 puntos. Ferrol B (21) e Portuarios (18), ámbolos dous cun partido máis. O Val e San Pedro tamén teñen 15 puntos. Complicada visita ó Perlío a semana que vén, equipo que suma 12 puntos.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (1ª Fase)
Gª Caranza B – CD As Pontes (0-1)
CD As Pontes SD Barallobre (1-7)
Boa victoria do Alevín A ante o Caranza B, 0-1 (gol de Joan), que o fai escalar ata a segunda praza con 13 puntos á espera de recibir ó R. Ferrol B. O Alevín B perdeu 1-7 (gol de Jandro) co Barallobre e difícil terá sumar o seu primeiro punto na súa visita ó Cedeira B, que suma 10 puntos.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes R. San Pedro (1-9)
CD San Sadurniño – CD As Pontes B (1-2)
O Benxamín A perdeu 2-9 ante o líder Racing San Pedro B, que foi un ciclón que acompañou á borrasca destes días. Con 6 puntos visitan ó Eume Deportivo cuarto con 10 puntos- a vindeira semana. Boa vitoria do Benxamín B ante o San Sadurniño por 1-2 (goles de Álex e Isma), e así suman tres vitorias en catro encontros. Son terceiros antes de recibir ó Mugardos B, clasificado de cuarto.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes SD Ánimas (11-1)
Cedeira B SD – CD As Pontes B (7-2)
O Prebenxamín A gañou 11-1 ó Animas, e vai terceiro con 12 puntos, por detrás de EFR Ferrol (15) e Perlío (12), antes de visitar ó Galicia de Caranza. Marcaron polo As Pontes A: Anxo (4), Isarael (2), Antón (2), David, Antonio e Xandre. O Prebenxamín B perdeu 7-2 co Cedeira B e esperan sumar o seu primeiro punto na visita do Rápido de Neda que marcha quinto.
AMIGABLE DE CATEGORÍA BIBERÓN
CD As Pontes C. Maniños (1-2)
Por último nun encontro amigable de categoría biberón o Cultural Maniños venceu no Pobaodo ó As Pontes por 1-2 en partido xogado o pasado venres nunha tarde de intensa chuvia, que tiveron que aguantar os máis pequerrechos.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e AF