CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 18/19/20 – Outubro – 2013

SEGUNDA AUTONÓMICA: Cedeira SD – CD As Pontes (2-2)
Bo empate do As Pontes B na casa do ata onte líder Cedeira. A pesar de marchar cun 2-0 en contra ó descanso, conseguiron empatar na segunda metade con tantos de Borja e Vicente. Galicia Caranza con pleno de vitorias comanda con 12 puntos; Numancia de Ares, Cedeira e A Capela teñen 10 e As Pontes con 8 puntos. Partidazo a vindeira fin de semana no Poboado contra os da terra do mítico Marcelino.
xuvenil


LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – CD Calasanz (0-2)
O equipo xuvenil perdeu 0-2 na casa contra o líder Calasanz. Seguen sufrindo e incluso baixan ata a antepenúltima praza con tres puntos, só por diante de Fátima (2) e Imperátor (1). Derbi o vindeiro sábado no campo de Sinde contra o Val, que é undécimo con seis puntos.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
No encontro do sábado os azuis incluso fallaron un penalti e os visitantes acabaron marcando dous tantos, incluindo un xogadón do porteiro Ángel Prieto, que nun bo disparo dende fora da área, desviado por un defensa tocou o balón o suficiente para despexalo ó poste, e no posterior rexeite que acabou nos pes do dianteiro visitante, salvou case dende o chan.
Aliñou Felipe Mieres a Ángel, Moi, Jandro, Gonza, Marcos, Esteban, Diego, Iván, Tiny, Rivas e Brais. No segundo tempo entraron Nahum, Rey, Alex Fernández e Alex Cabarcos.
LIGA FEMININA F8: CD Cedeira – CD As Pontes (0-3)
O equipo feminino gañou 0-3 ó CD Cedeira e escala ata a oitava praza con 7 puntos, antes de recibir ó Cariño, que suma os mesmos puntos, aínda que cun partido máis.
COPA CADETE: Narón BP – CD As Pontes (1-8)
Arrancou o equipo cadete que goleou 1-8 ó Narón Balonpé, o que o fai escalar á cuarta posición con 7 puntos. Mágoa que as dúas primeiras derrotas alonxano de Meirás, Ánimas e Eume que suman 12 puntos. A semana que vén descansan por retirada do Ensanche. Marcaron polo As Pontes: Ayrton (3), Josiño (2), Iago (2) e Jandro.
COPA INFANTIL: CD As Pontes – Cedeira SD (7-1)
Segue loitando o infantil que goleou 7-1 ó Cedeira e sitúase cuarto con 15 puntos. Ferrol B (21) e Portuarios (18), ámbolos dous cun partido máis. O Val e San Pedro tamén teñen 15 puntos. Complicada visita ó Perlío a semana que vén, equipo que suma 12 puntos.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (1ª Fase)
Gª Caranza B – CD As Pontes (0-1)
CD As Pontes – SD Barallobre (1-7)
Boa victoria do Alevín A ante o Caranza B, 0-1 (gol de Joan), que o fai escalar ata a segunda praza con 13 puntos á espera de recibir ó R. Ferrol B. O Alevín B perdeu 1-7 (gol de Jandro) co Barallobre e difícil terá sumar o seu primeiro punto na súa visita ó Cedeira B, que suma 10 puntos.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes – R. San Pedro (1-9)
CD San Sadurniño – CD As Pontes B (1-2)
O Benxamín A perdeu 2-9 ante o líder Racing San Pedro B, que foi un ciclón que acompañou á borrasca destes días. Con 6 puntos visitan ó Eume Deportivo –cuarto con 10 puntos- a vindeira semana. Boa vitoria do Benxamín B ante o San Sadurniño por 1-2 (goles de Álex e Isma), e así suman tres vitorias en catro encontros. Son terceiros antes de recibir ó Mugardos B, clasificado de cuarto.
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
benxaminA
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes – SD Ánimas (11-1)
Cedeira B SD – CD As Pontes B (7-2)
O Prebenxamín A gañou 11-1 ó Animas, e vai terceiro con 12 puntos, por detrás de EFR Ferrol (15) e Perlío (12), antes de visitar ó Galicia de Caranza. Marcaron polo As Pontes A: Anxo (4), Isarael (2), Antón (2), David, Antonio e Xandre. O Prebenxamín B perdeu 7-2 co Cedeira B e esperan sumar o seu primeiro punto na visita do Rápido de Neda que marcha quinto.
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
AMIGABLE DE CATEGORÍA BIBERÓN
CD As Pontes – C. Maniños (1-2)
Por último nun encontro amigable de categoría biberón o Cultural Maniños venceu no Pobaodo ó As Pontes por 1-2 en partido xogado o pasado venres nunha tarde de intensa chuvia, que tiveron que aguantar os máis pequerrechos.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios