Tania e Elena regresan de Munich con un 3 e 4 posto no europeo de barco dragon
As rapazas regresan a casa tras o Campionato de Europa de Nacións en Múnic! Participaron vinte e dous países.
Elena Corrales acadou un merecido cuarto posto na proba de 2000 m feminina (categoría Senior A), e Tania Casal… unha medalla de BRONCE na categoría BCP (1000 m)! Estamos moi orgullosos delas!
“Volvemos moi contentas cos resultados do campionato; foi unha experiencia única. Formar parte da AEDB ofréceche oportunidades coma esta de vivir un Campionato de Europa, entre outras cousas”, comentaron as palistas.
Nova cortesía do Club Nautico Folixa
