Tania e Elena do Club Náutico Folixa representan a España no Europeo de Barco Dragón de Múnic
As Pontes, 9 de xullo de 2026. O Club Náutico Folixa volve estar presente nunha gran competición internacional coa participación das súas deportistas Tania Casal e Elena Corrales, convocadas pola selección española para disputar o Campionato de Europa de Barco Dragón, que comeza hoxe en Múnic (Alemaña).
Tania Casal competirá na categoría BCS (Breast Cancer Survivors), reservada a superviventes de cancro de mama, unha modalidade que combina competición deportiva, promoción da saúde e visibilización da importancia da actividade física na recuperación e na calidade de vida.
Pola súa banda, Elena Corrales defenderá as cores da selección española na categoría Senior A, enfrontándose ás mellores embarcacións europeas nun campionato de máximo nivel.
A presenza de dúas deportistas do mesmo club nun Europeo de seleccións representa un importante éxito para o deporte pontés e para o Club Náutico Folixa, que continúa formando palistas capaces de competir ao máis alto nivel internacional.
Desde o club móstranse orgullosos desta representación e deséxanlles a Tania e Elena moita sorte nesta cita continental, na que levarán o nome de As Pontes, de Galicia e de España ás augas de Múnic.
Seguir en directo en: https://www.youtube.com/
Nova cortesía do Nautico Folixa
