Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: UNIVERSIDADE VALLADOLID – O ESTEO AS PONTES FS (8-2)

Comezaba o partido cun Esteo impoñendo un ritmo serio ó encontro ante un dos colíderes do grupo realizando un bo xogo e creando moitos problemas ó conxunto local, pero os esteístas non era capaces de concretar as súas oportunidades de gol. Polo contrario, en dous erros dos de As Pontes, o Uva lograba poñerse por diante no marcador por 2-0, resultado co que se chegou ó descanso. Na segunda parte o Esteo continuaba levando a iniciativa e o gol tiña que chegar, sendo Pelu ós cinco minutos deste segundo tempo quen lograba acurtar diferenzas e despois Bolly, de dobre penalti, empataba o partido. Sen embargo, nada máis de sacar de centro chegou o terceiro gol local que foi como un xerro de auga fría para os ponteses. Bolly estivo a piques de empatar nun potente lanzamento dende dez metros que se foi ó pau. De novo marcan o cuarto os locais amosando a súa efectividade e uns instantes despois sentenciaban o partido co quinto tanto. Os ponteses sacan porteiro-xogador, pero é unha táctica que ultimamente non lle sae ben, pois nos minutos finais recibiron outros tres goles máis ata poñer o definitivo 8-2, un resultado que a tenor do sucedido na pista antóllase algo excesivo, pois o Esteo mereceu algo máis neste partido. E por se isto non fora pouco, no encontro resultaron lesionados Gerveno, Gerardo e Rubi, este último de máis gravidade, cunha posible lesión nos ligamentos do seu xeonllo. Na vindeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Azkar B Prone Lugo.
esteo_13-14.JPG


FICHA DO PARTIDO
UNIVERSIDAD VALLADOLID: Félix, Molina, Leal, Adri, Dani Martín –cinco inicial- Ofa, Balle, Javi López, Miguelín e Víctor.
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Héctor, Rubi, Rober –cinco inicial- Pelu, Fran, Bolly e Diego Pellón.
ÁRBITROS: Rubén Gómez Cobalo (Zamora), Rubén Miguel Velasco (Segovia) e na mesa Ana Hérnández (Valladolid). Amoestaron a Blle e Javi López, do Valladolid, e Fran, Bolly e Diego Pellón, do Esteo.
GOLES: Min. 5 (1-0), Abel. Min. 20 (2-0), Javi López. Min. 25 (2-1), Pelu. Min. 28 (2-2), Bolly (dobre penalti). Min. 29 (3-2), Miguelín. Min. 31 (4-2), Molina. Min. 33 (5-2), Leal. Min. 34 (6-2), Molina. Min. 36 (7-2), Balle. Min. 38 (8-2), Balle.
INCIDENCIAS: Partido da sétima xornada de liga de Segunda División B disputado no polideportivo de Fuente de la Mora, de Valladolid, que rexistrou unha boa afluencia de espectadores.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios