PARTIDO DE ESMORÍS COA SELECCIÓN GALEGA EN OURENSE

O futbolista do CD As Pontes Francisco Esmorís Fernández xogará este vindeiro mércores en Barbadás, no Campo de Os Carrís, contra o equipo locatario, UD Barbadás, que milita na Terceira División, por certo, o único cadro ourensán da categoría. Marcha duodécimo con 16 puntos, aínda que gañou hai pouco en As Pontes, 0-2.
Conta cun bo plantel, o talentoso antigo xogador culé, ex internacional español, Moisés Pereiro, irmán de Joel e Breogán, o eterno Currás, Martín Fernández, Martín Pérez, Rafita, Nuno, ou os ex deportivistas Vieytes e Hugo García, entre outros.
A selección galega xogará ás 19:00, e contará Esmo con vellos compañeiros como o nixeriano Dapo, co que compartiu o equipo xuvenil de División de Honra ou o dianteiro Hugo Soto, que estivo dúas campañas no equipo azul (2010-12). Van catro xogadores do Vilalbés e dous do Somozas.
cdaspontes_60.jpg


A lista completa é a seguinte:
Racing Club Vilalbés: Jose Castro, Justino Campello, Efrén Rodríguez, Alejandro Pérez
CD Boiro: Alberto Rendo, Adrián Armental, Hugo Soto
CCD Cerceda: Jorge Cano, Herbert Rey, Marcos Caridad
UD Somozas: Alex Bao, Roberto Baleato
Rápido de Bouzas: Pablo Fernández, Rubén García
Ordes SD: Mario Barreiro, Esteban Capelo
Laracha CF: Denis López, Raúl Añón
CD Choco: Carlos Rodríguez
UD Barbadás: Martín Fernández
CD Dorneda: Oladapo Oladipo
Bergantiños CF: Cristopher Pallas
CD As Pontes: Fran Esmorís
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios