ADEUS A RODOLFO YEBRA ROZAS, EX ADESTRADOR E SECRETARIO DO CLUB FÚTBOL CALVO SOTELO

Rodolfo_Yebra_1.jpgNa tarde deste martes, 19 de novembro, foi enterrado no cemiterio municipal das Campeiras, de As Pontes, Rodolfo Yebra Rozas, quen nos anos sesenta fora secretario técnico e adestrador do Club de Fútbol Calvo Sotelo, hoxe Club Deportivo As Pontes.
Rodolfo Yebra faleceu este luns 18 ós 86 anos na Coruña, cidade onde residía dende a súa xubilación. Nacera na Habana en 1927, vindo para As Pontes no ano 1948, onde xogou no lendario Club Deportivo Puentes, e despois foi secretario deste club. Antes xogara no equipo dos Castros da Coruña, no Portazgo, Aviación de Guitiriz e Rábade.
Ó fundarse o Calvo Sotelo, no ano 1960, pasou a ser secretario do Club, despois secretario técnico e finalmente adestrador do primeiro equipo nas temporadas 1968/69 e 1970/71, na Serie A Rexional, hoxe coñecida como categoría Preferente.


Destacou tamén como gran impulsor de varios deportes na vila pontesa alá pola década dos anos sesenta. Creou os equipos do Calvo Sotelo de atletismo, de remo e ciclismo. Grazas ó seu interese, os ponteses puideron ver naquela época competicións de atletismo, con varios campionatos galegos, ciclismo, natación, remo, baloncesto, hockei a patíns ó longo do ano; pero, principalmente nas festas do Poboado. Foi tamén o creador da famosa xincana automobilística das festas do Poboado.
Esta intensa labor a prol do deporte pontés foi premiada co Galardón Especial na Gala do deporte de As Pontes do ano 1996.
Á súa familia, a solidariedade e apoio de todos cantos apreciamos o seu labor. A ti, amigo Yebra, o meu afecto e a miña gratitude polo que tes feito polo deporte desta vila de As Pontes. Grazas e ata sempre, profesor e amigo. AF
CD-Puentes-1949.jpg

CD Puentes 1949

Rodolfo_Yebra
Calvo Sotelo 1960-61

Rodolfo_Yebra
CF Calvo Sotelo  Xuvenil 1961-62

Rodolfo_Yebra
Homenaxe a Ramón Tobar 1962

Rodolfo_Yebra
Calvo Sotelo 1968-69

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios