Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 18/19 – Xaneiro – 2014

futbol
TERCEIRA DIVISIÓN: Betanzos CF – CD As Pontes (2-2)
Non foi bo o resultado do As Pontes, que perdeu dous puntos co Betanzos, equipo que se está xogando a salvación. Os da terra do repolo puxeron o encontro do seu favor no primeiro tempo. En dous despistes defensivos, o xogador pontés internacional sub15 Carballeira regalou o primeiro gol a Tomás e anotou o segundo. Así se chegou ó descanso. Púxose serio o As Pontes no segundo tempo, amosando que quere loitar por quedar entre os catro primeiros, e recortou distancias por medio de Chicho e a pouco do final empatou Dani de cabeza, incluso Amado tivo o tanto do triunfo. Perdeu o As Pontes catro puntos ante un rival dos postos de abaixo, pero visto o visto, o punto pode darse por bo, e os azuis chegan a 42.
Rivais complicados agardan nas próximas xornadas, visita dun dos mellores equipos da liga, o Alondras, con 19 dos últimos 27 puntos gañados, e que agarda devolver o 0-2 da ida, e o Rápido de Bouzas en Vigo onde non se gaña desde que se voltou á Terceira.
Xogaron polo As Pontes: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López (Bossa, 45), Chote, Dani, Iván (Chicho, 45), Fidi (Alex Cabarcos, 70), Arias, Amado, Pablo Domínguez.


SEGUNDA AUTONÓMICA: CD Cariño – CD As Pontes B (1-1)
Sacou un valioso punto o As Pontes B en Cariño e situase cuarto pero detrás de Cedeira (33), A Capela (31) e Neda (31), que se escapan. Os azuis teñen 26, e precisamente iniciarán a segunda volta visitando ó conxunto veciño da Capela, con vellos coñecidos como Fermín, Alex Anton ou Isma. Xogaron Iván, Fernando, Marcos, Totti, Carlos, Juancito, Borja, Vicente, Troncho, Samuel e Rubén. No segundo tempo xogaron Adrián, Darío e Villar. Marcou Marcos Novo e salientar a presencia de Troncho.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – SCD Milagrosa (2-0)
Importante vitoria do Xuvenil ante o sétimo clasificado, a Milagrosa de Lugo, por 2-0, o que deixa ós de Felipe Mieres terceiros pola cola, nunha das tres prazas de descenso momentáneas, pero con algo de oxíxeno. Na segunda metade chegaron os dous goles tras unha cabezada de Brais (70´) e un penalti transformado por Ribas (75´). Puido marcar máis o As Pontes, xa anteriormente nun balón que semella que entrou pero non o entendeu así o colexiado, logo Tini tivo unha clarísima pero trompicouse, e preto do final o mesmo xogador fixo un sensacional lanzamento de falta que se estrelou na cruceta pola cara interna.
Nun día lamentable para a práctica do fútbol aliñou Felipe a Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Marcos, Moi, Brais (Nahúm, 86), Iván, Antonio (Tini, 77), Ribas (Cabarcos, 89) e Lucho (Alex, 82). Mala saída a vindeira semana ó Lugo B que vai oitavo e venceu 0-5 en Narón. Victoria B ten 21 puntos, Orillamar e O Val 19, As Pontes 16, Imperátor 13 e Atlético Fátima 3.
“xuvenil”
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA F-8: SD O Val B – CD As Pontes (0-1)
Excelente vitoria do equipo feminino en Sinde ante O Val B (0-1) co que se comprimen os postos de arriba. Inalcanzable Racing de Ferrol con 16 vitorias e 48 puntos, e despois van Mandiá 35, O Val B, Maniños e As Pontes 34, e San Sadurniño 33. Precisamente o difícil Mandiá visita o Poboado a vindeira fin de semana.
LIGA CADETE: Numancia de Ares – CD As Pontes (0-1)
Vitoria do conxunto cadete en Ares por 0-1 ante o Numancia, segundo clasificado, escalando á quinta praza con 7 puntos, á espera de recibir ó Meirás, que vai cuarto cos mesmos puntos.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – R. Ferrol B (0-0)
Moi ben o equipo infantil, que empatou a cero goles co Racing de Ferrol B e despois de 17 partidos son os primeiros dous puntos que perden os verdes, que seguen liderando con 13 puntos, por 10 do As Pontes e Portuarios.
“infantil”
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – CD San Sadurniño (3-4)
Cultural Maniños – CD As Pontes B (6-0)
O Alevín A perdeu 3-4 co San Sadurniño, visitando a vindeira semana ó Narón BP que marcha segundo. O líder Cultural Maniños, goleou 6-0 ó Alevín B, que o vindeiro sábado recibe ó Eume B, segundo clasificado.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – CD San Sadurniño (4-1)
SDR Portuarios – CD As Pontes B (3-4)
O Benxamín A gañou 4-1 ó San Sadurniño e o Benxamín B venceu 4-3 en Ferrol ante o Portuarios. Ambos son noveno e décimo con sete puntos, visitando ó Eume B, undécimo, e recibindo ó Galicia de Mugardos, segundo, respectivamente.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – CD San Sadurniño (5-2)
FC Ortigueira – CD As Pontes B (6-0)
O Prebenxamín A logrou os seus primeiros tres puntos tras gañar por 5-2 ó San Sadurniño. Tentarán manter a racha na súa visita a Cedeira, que ten os mesmos puntos. O Prebenxamín B perdeu 6-0 diante do líder Ortigueira. Reciben na vindeira xornada ó Cedeira B.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios