TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – ALONDRAS C.F. (6-0)

Xa había anos que non se vía no campo do Poboado un resultado tan avultado como o que se rexistrou hoxe entre o As Pontes e o Alondras, un equipo do que a priori esperábase máis, dado que nas últimas xornadas ía a máis, pero que no campo pontés atopouse cun As Pontes pletórico e que soubo aproveitar ó cen por cento as súas oportunidades. O encontro encarrilouse ben co gol do pequeno gran xogador Jorge Nano ó enviar ó fondo da rede un tiro cruzado logo dun rexeite defensivo. Despois o Alondras ten unha oportunidade para marcar tras un saque de esquina e uns minutos despois (14’) o mesmo Nano, a saque de falta de Bossa, manda un balón rozando o poste esquerdo da portería visitante. O As Pontes puido marcar en ocasións de Chicho (19’), David Amado (30’), Bossa (33’) e Nano (34’), pero o balón non entrou. Tamén tivo a súa oportunidade o Alondras, que no minuto 40 quedouse cun home menos por expulsión de Mauro, por dobre tarxeta amarela.
Na segunda metade, dominio e control do partido por parte do As Pontes, que xogaba a favor do marcador e que nada máis comezar este segundo tempo marca o terceiro tanto por obra de Rochela despois dun saque de falta de Bossa (49’). O Alondras non era capaz de desfacerse do dominio do cadro pontés, que facía o partido que tiña que facer dada a súa vantaxe no marcador, controlar o balón e saír ó contragolpe. E así no minuto 32 chegou o cuarto gol, por mediación de Chicho, xogador que volveu a marcar dez minutos despois, e xa no tempo de prolongación o canteirán Álex Cabarcos anotou o 6-0 definitivo, un resultado que xa facía tempo os afeccionados non vían no campo pontés. Hai que remontarse doce anos atrás para ver un 6-0, foi ó San Lázaro lucense na temporada 2002/03 en Rexional Preferente, e un 8-0 ó Moscardó madrileño en Segunda División B na temporada 1995/96.
Tras os resultados que se rexistraron nesta xornada, o As Pontes ascende á segunda posición con 45 puntos, a un do Boiro, que empatou na casa do Choco, mentres que o Cerceda cedeu no seu campo un empate ó Betanzos. O Pontevedra colócase cuarto ó gañar en Ponteareas ó Cultural Areas.
“futbol”


C.D. AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano (Esmorís, 75), Pablo López, Aitor, Dani, David AmAdo, Bossa (Fidi, 75), Sergio Arias (Álex, 54), Chicho e Pablo Domínguez.
ALONDRAS C.F.: Martín, Casti, Nano, Chichi (Toni, 31), Javi, Casas, Denis, Fernando, Abraham (Serxio, 54), Iago (Joni, 54) e Mauro.
ÁRBITRO: Pablo Álvarez Calderón, auxiliado por Mosquera Goce e Pérez Torres, da delegación de Vigo. Expulsou no minuto 40 ó visitante Mauro, por dobre amarela. Iago, do Alondras, tamén foi amoestado.
GOLES: Minuto 3 (1-0), Nano. Minuto 39 (2-0), David Amado. Minuto 48 (3-0), Rochela. Minuto 73 (4-0), Chicho. Minuto 78 (5-0), Chicho. Minuto 91 (6-0), Álex Cabarcos.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da vixésimo terceira xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado, que rexistrou unha entrada duns 150 espectadores nunha tarde fría e de orballo ó longo de todo o partido.
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
futbol
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios