Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN C.D. AS PONTES – CLUB ORDES S.D. (0-1)

Non pintan nada ben as cousas no Club Deportivo As Pontes despois da súa segunda derrota consecutiva no Poboado, nesta ocasión diante dun Ordes que pouco a pouco estase achegando ós postos de promoción. Mal partido o que presenciaron na tarde de onte os poucos afeccionados que se deron cita no campo do Poboado, xa que se agardaba algo máis de dous equipos que están na zona alta da clasificación. O encontro foi malo e por veces aburrido, con apenas ocasións claras de gol, aínda que a iniciativa levouna sempre o As Pontes, que tivo a súa primeira ocasión de gol cando ían quince minutos de xogo nun forte disparo de Bossa que o porteiro ordense enviou a córner. Pola súa banda, o Ordes tivo a súa mellor oportunidade nesta primeira parte no minuto 32 nun despiste da zaga pontesa que Capelo aproveitou centrando, pero o remate de Quintairos foise ás mans de Kiko.
No segundo tempo, máis do mesmo, mal xogo de dous equipos que parecían conformarse co empate. A primeira ocasión local veu nun centro de Pablo Domínguez ó que non chegou ninguén; despois gol anulado a Iván ó parece por posible fóra de xogo dun dianteiro pontés sinalado polo árbitro. E no minuto trece chegou o tanto da vitoria visitante. Foi nunha falta que lanzou Mariño respondendo ben Kiko enviando coa punta dos dedos o balón ó poste, pero o posterior rexeite colleuno Jesús Torres para enviar o balón ó fondo da rede. A partir de aquí máis dominio e presión dos ponteses tentando igualar cando menos o partido. Pero, o marcador non se movería a pesar das oportunidades de Iván, Bossa, Sergio Arias e Aitor.
Tres puntos máis que se van do Poboado diante doutro rival directo e nas vindeiras xornadas complicados compromisos, primeiro na casa do cada vez máis líder Boiro e no seguinte visita ó Poboado do Somozas, conxunto que nesta xornada goleou a domicilio ó Bertamiráns e ten pendente de xogar os derradeiros sete minutos do partido contra o Cerceda, encontro que ía gañando por 1-0 cando se produciu o fatal falecemento do seu presidente Manuel Candocia, polo que de sumar os tres puntos colocaríase na segunda posición a un só punto do Boiro.
“aspontes-ordes”


C.D. AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López (Fidi, 75), Aitor, Esmorís (Álex, 65), Iván, Bossa, Sergio Arias, David Amado e Pablo Domínguez.
CLUB ORDES: Mario, Cea, Jesús Torres, David Rey, Cabrejo, Maniño, Quintairos (António, 59), Rodri, Capelo, Martín (Vía, 88) e Abelenda.
ÁRBITRO: Gonzalo Goyanes López, da delegación de Santiago, que estivo a tono co partido. Estivo asistido por García Martín e Teijeiro Fernández. Sen amoestacións, aínda que houbo algunha que outra xogada merecedora de tarxeta.
GOL: Minuto 58 (0-1), Jesús Torres.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da 29ª xornada de liga da Terceira División disputado no campo do Poboado nunha tarde soleada e calorosa, coa presenza duns 200 espectadores nas gradas, que non saíron nada contentos polo xogo ofrecido polos dous equipos.
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
aspontes-ordes
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios