Amigus
As Pontes

CAMPAÑA PROMOCIONAL ENTRE OS COMERCIANTES PONTESES PARA O MES DE MARZO

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Con motivo das conmemoracións que se celebran neste mes, o día do pai e o día de San Xosé, os comerciantes ponteses aproveitan estes días como reclamo comercial e inician unha campaña que se desenvolverá entre o 10 e o 19 de marzo.
Así, cada cliente que realice compra nalgún dos establecementos participantes recibirá un boleto que deberá cubrir cos seus datos e depositalo en calquera das urnas que encontrará a disposición nos devanditos comercios.
Só é necesario un boleto para ser o/a afortunado/a do premio a sortear, un fin de semana para dúas persoas nun balneario de Galicia, aínda que cantos máis boletos máis oportunidades. O sorteo celebrarase o 20 de marzo e o/a gañador/a coñecerase ese mesmo día tras realizar a chamada telefónica.
Esta é a primeira vez que a entidade organizadora, a Asociación de empresarios e comerciantes, pon en marcha unha campaña durante estas datas polo que se espera que os clientes se animen a participar xa que teñen variedade na oferta comercial e con pouco gasto alguén gozará duns días relaxantes.
mercanaspontes-sanjose.jpg


ORGANIZA
Asociación de Empresarios e Comerciantes. Tfno 981451153. Horario de 9.00 a 13.00h
DURACIÓN
Do 10 ao 19 de marzo de 2014 ambos incluídos.
MODO DE PARTICIPACIÓN PARA CLIENTES
Poderá participar calquera persoa que realice compra nos establecementos adscritos á campaña entre o 10 e o 19 de marzo nos que se lle entregarán boletos gratuitamente.
O cliente poderá identificar ao establecemento participante polo cartel anunciador da campaña.
O cliente deberá cubrir o boleto co seu nome, apelidos e número de teléfono asegurándose de que leva o selo do establecemento participante, do contrario non será válido e deberá depositalo en calquera das urnas dos establecementos participantes ou no local da Asociación.
Os datos persoais que figuren nos boletos non serán empregados para outro fin distinto ao da participación no sorteo e serán destruídos ao remate da campaña.
Os/as empresarios/as participantes na campaña tamén terán dereito a recibir boletos na súa condición de cliente.
SORTEO
Haberá un sorteo a celebrar o 20 de marzo no local da Asociación sobre as 12.00h.
Entrarán no sorteo os boletos recollidos dos establecementos participantes.
Só serán válidos os boletos correctamente cubertos cos datos solicitados e que non estean rotos, deteriorados, ilexibles ou conseguidos mediante mala fe.
A persoa cuxo nome apareza no boleto deberá contestar ao teléfono no momento en que se fai a chamada senón perderá a oportunidade de gañar o premio pasando a extraerase outro boleto.
O nome da persoa premiada publicarase na web www.amigus.org e demais medios de comunicación.
PREMIO
O premio a sortear será un Fin de semana para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico de Baiona.
O/a gañador/a recibirá o premio en forma de vale que deberá entregar na entidade correspondente.
Aceptación do premio: No momento da chamada explicaráselle á persoa elixida as condicións de aceptación do premio. Se acepta o premio presentarase na oficina da Asociación para recoller o vale correspondente e facer a correspondente anotación dos seus datos.
No caso de que a persoa non acepte as condicións do premio, o que implica renunciar ao mesmo, extraerase outro boleto cun máximo de cinco.
SOBRE AS BASES
A Asociación e os establecementos participantes terán a bases de participación a disposición de calquera interesado.
A participación na campaña de Merca nas Pontes marzo 2014, obriga ao establecemento adscrito e ao gañador/a do premio ao cumprimento de todas e cada unha das presentes bases.
A Asociación non será responsable dos danos e prexuízos que se deriven da operativa, agás que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da Asociación.
A Asociación terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.
A Asociación agradece a todos os participantes a súa colaboración nesta campaña.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios