Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 14/15/16 – MARZO – 2014

A XORNADA
Difícil saída do As Pontes á casa do líder Boiro despois de dúas derrotas seguidas no Poboado ante Pontevedra (1-4) e Ordes (0-1) e un empate na casa do Negreira (3-3). Uns resultados que colocan ó equipo das Pontes na cuarta posición do grupo galego da Terceira División despois de que este mércores o Somozas acabase gañando ó Cerceda por 1-0, logo de disputarse os minutos que faltaban cando o encontro foi suspendido no minuto 82 a consecuencia do fatal falecemento do seu presidente, Manuel Candocia, no mesmo campo de fútbol o pasado día 19 de xaneiro.
Uns minutos que serviron de homenaxe ó que fora seu presidente e alcalde das Somozas durante moitos anos. Os xogadores ofrecéronlle este triunfo ante o Cerceda e loitarán ó máximo de aquí ó final para adicarlle o título de liga, que nestes momentos teñen a un punto. Precisamente na xornada 31ª (23 de marzo) visita o campo do Poboado o conxunto somocense.
Tras este resultado, a clasificación segue moi apertada nas primeiras posicións, co Boiro como líder, con 58 puntos; seguido de Somozas (57), Pontevedra (56), As Pontes (53), Cerceda (52), Ordes (50) e Choco (48).
Complicada saída tamén para o conxunto xuvenil a Vilalba, onde se enfrontará ó sexto clasificado, Racing Vilalbés, equipo que gañou no Poboado por 2-3.
Pola súa banda, o segundo equipo recibe no Poboado a un sempre complicado Ortigueira, conxunto que ocupa a sétima posición mentres que o As Pontes B é sexto. En Ortigueira, vitoria local por 3-1.
Non debe pasar demasiados apuros o equipo feminino ante o Galicia de Mugardos, ó que xa gañou por 0-3 no campo da Pedreira na primeira volta.
Difícil saída para o As Pontes cadete á casa do líder Ánimas, equipo que tan só perdeu un partido de once disputados. No Poboado gañou por 2-3. Os ponteses deben puntuar para seguir na segunda praza á espera do que faga o Cedeira diante do Galicia de Caranza B.
En canto ó cadro infantil, terceiro a dous puntos de Portuarios e R. Ferrol B, ten un partido en principio asequible ante o Val (8º con 14 puntos). En campo valexo os ponteses gañaron por 1-3.
En categoría alevín complicado partido para o conxunto A ante ó Val, mentres que o B ten unha boa oportunidade de puntuar en Neda. O benxamín B recibe a visita do cuarto clasificado, Eume Deportivo B, mentres que o conxunto A descansa. En prebenxamín partidos complicados para os dous equipos, o A recibe ó Racing de Ferrol (2º) e o B xoga en Caranza ante o Galicia D (5º).


HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMANA
TERCEIRA DIVISIÓN (30ª xornada)
C.D. BOIRO – C.D. AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL DE BARRAÑA (Domingo 16 – 16,45 h)
ÁRBITRO: ALEJANDRO DEL RÍO AMOR (A Coruña)
CD-Boiro.jpg
SEGUNDA AUTONÓMICA
CD AS PONTES B – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado (Domingo 16 – 16,30 h)
LIGA FEMININA
CD AS PONTES – GALICIA MUGARDOS
Campo do Poboado (Sábado 15 – 16,30 h)
LIGA XUVENIL GALEGA
RACING VILALBÉS – CD AS PONTES
Campo Roca, Vilalba (Sábado 15 – 17,00 h)
LIGA CADETE
SD ÁNIMAS – CD AS PONTES
Campo da Gándara-1, Ferrol (Sábado 15 – 16,00 h)
LIGA INFANTIL
CD AS PONTES – Gª CARANZA B
Campo do Poboado (Venres 14 – 17,45 h)
LIGA ALEVÍN
CD AS PONTES – SD O VAL
Campo do Poboado (Sábado 15 – 11,00 h)
SD R. NEDA B – CD AS PONTES B
Campo Municipal de Neda (Sábado 15 – 11,15 h)
LIGA BENXAMÍN
CD AS PONTES – Descansa
CD AS PONTES B – EUME DEPORTIVO B
Campo do Poboado (Venres 14, 18,00 h)
LIGA PREBENXAMÍN
CD AS PONTES – RACING FERROL
Campo do Poboado (Sábado 15, 12,10 h)
Gª CARANZA D – CD AS PONTES B
Campo de Caranza-3, Ferrol (Venres 14, 18,00 h)
CATEGORÍA BIBERÓN
SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val (Luns 17, 19,30 h)
Nova de A.F.

También podría gustarte
Comentarios