LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14

REMATOU A COMPETICIÓN DE LIGA CO BAR XARDÍN COMO CAMPIÓN
O vindeiro domingo 16 comeza a Copa
Rematou a liga de fútbol veteranos de As Pontes co Club Bar Xardín como campión, renovando así o acadado a tempada anterior co nome de Santaballés, que conquista o título por terceira vez, xa que quedara campión nas tempadas 2010/11 e 2012/13. En segunda posición quedou Mobles Eume mentres que Farmavida foi terceiro.
Cendán, de Mobles Eume, foi o máximo goleador do campionato con 20 goles, seguido de Carlos Piñón (Maren), con 11, e Javi Franco (Farmavida), con 10. Peruzzi, de Mobles Eume, foi o porteiro menos goleado, con quince tantos.
A vindeira fin de semana comeza a competición de copa, cos nove equipos emparellados en dous grupos. No A estarán A Cepa, MMYPEM, Bar Xardín, La Galaxia e Maren, e no B, Mobles Eume, As Pontes, Farmavida e Maren.
A primeira fase será por sistema de liga a unha soa volta, lanzándose penaltis en caso de empate para desfacer posibles empates na clasificación final. Só queda eliminado nesta primeira fase o quinto equipo do Grupo A. Os restantes xogaran os cuartos de final, primeiros contra cuartos e segundos contra terceiros. As semifinais e final disputaranse o 3 de maio.
RESULTADOS 18ª XORNADA
A CEPA – XUNTANZA (3-0)
MAREN – BAR JARDÍN (2-2) Geluco e Carlos Piñón / Felipe Mieres e Rego
MUEBLES EUME – AS PONTES 74 (5-1) Cendán (5) / Xosé Cendán
FARMAVIDA – MMYPEM (4-1) Javi Franco, Alberto e Rafa Peña / Franco
Descansou: La Galaxia
“veteranos”


CLASIFICACIÓN FINAL
PUNTOS
1º BAR XARDÍN – 37
2º MOBLES EUME – 35
3º FARMAVIDA – 31
4º LA GALAXIA – 26
5º AS PONTES 74 – 21
6º A CEPA – 19
7º MMYPEM – 13
8º MAREN – 10
9º XUNTANZA – 7
GOLEADORES
CENDÁN (Mobles Eume) – 20
CARLOS PIÑÓN (Maren) – 11
JAVI FRANCO (Farmavida) – 10
PORTEIRO MENOS BATIDO
PERUZZI (Bar Xardín) – 13
1ª XORNADA DE COPA
16 – Marzo – 2014
MMYPEM – BAR XARDÍN (Dom. 16, 10,00 h)
LA GALAXIA – MAREN (Dom. 16, 11,00 h)
Descansa: A Cepa e Grupo B
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios