Amigus
As Pontes

XiX Xantar Gaiteiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Organizado pola Asociación Galega de Gaiteiros e coa colaboración do Concello das Pontes e das asociacións de Música Tradicional pontesas No Cómbaro e Canavella, vaise celebrar o XIX Xantar Gaiteiro o domingo 23 de Marzo na nosa Vila. Esta xuntanza anual de xente relacionada coa Música Tradicional e procedente de todo o pais, desprazarase ata As Pontes onde, a base dun bo cocido, freixós, música da boa e por suposto mellor compaña, alterarán a tranquila xornada pontesa do domingo.
A Asociación de Gaiteiros Galegos xa está a organizar a XIX edición do tradicional Xantar Gaiteiro, que se celebra coa chegada da primavera.
Este ano ademáis, é unha edición especial, xa que celebramos o 25 aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos, polo que non pode faltar ninguén!!
A Data e o lugar elixido serán os seguintes: Domingo 23 de Marzo, As Pontes.
Este xantar é a excusa perfecta para para pasar un día en compaña dos que gustamos da nosa música tradicional, cunha programación completa e interesante. Convidade aos voso amigos a que pasen esta xornada con todos nós, teremos charlas, exposicións, visitas, música e por suposto o xantar.


Programa:
11.30 horas . Exposicións e charla no Mercado Vello a cargo de Berros do Castro e da AGG
12.30 horas. Visita Guiada á Praia do Lago (Sairá un bus do colexio Santa María, para asistir é preciso inscribirse)
13.30 horas. Pasabares polo centro da vila
14.45 horas. Xantar na carpa instalada no Colexio Santa María
*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos e lugares). Será preciso inscribirse para facer á visita guiada á Praia do Lago
Para asistir ao XIX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 20 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.
DATA
23 de marzo de 2014
14:45 horas
LUGAR
Colexio Santa María
Praza de América s/n 15320 As Pontes ( A Coruña )
MENÚ
Sopa
Cocido
Freixós, requeixo da Faeira e Mel de Goente
Auga, Viño, refrescos, café e chupito
PREZO
O prezo é de 21 euros por persoa que serán entregados ao entrar (10,5 € para nenos menores de 12 anos).
RESERVA
secretaria@gaiteirosgalegos.com
Teléfono 986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios