TERCEIRA DIVISIÓN. CLUB XUVENTUDE SANXENXO 1 – CD AS PONTES 0

Mal se lle dan ó As Pontes os equipos ascendidos do grupo Sur, pois se a semana pasada perdía 1-4 co Ribadumia, onte caeu 1-0 en Portonovo ante o Sanxenxo.

As primeiras ocasións chegaron por parte do cadro local, no 4´ cabecea Ramón e despexa maxistralmente a córner Adrián. O propio xogador no 11´ descolgase por banda e estrela o balón na cara externa da cruceta. Tras unha perda de balón é Jonathan, completo medio centro, o que dispara cruzado (17´).

Sacudiuse a presión o As Pontes e tívoa moi clara Sergio Arias que quedou so, pero trastabillouse e pegoulle mordido (24´). Antes de chegarse ó descanso senllos foras de xogo en xogadas perigosas de Santi e Arias.

Comezou a segunda metade cun tiro de Arias que marchou a rentes do pau (46´), e pouco máis tarde estivo listo Santi a gañoulle a partida ó defensa, picou ante a saída de Vila, pero despexa Suso antes de que o balón entre (55´).

Gran disparo do extremo Hugo que salva Adrián (60´), na posterior xogada centro cara atrás e Iván a bote pronto manda por alto (61´). Tímido lanzamento de falta de Bossa (65´) ata que pouco despois lesionouse Amado nun nocello e marchou chorando de dor.

Preto do final, internouse so Cuchi por banda esquerda e sorte que salvou Aitor o seu pase da morte, pero á segunda foi a vencida e tras unha perda de balón quedan dous xogadores locais sos, e Ramón controlou co peito e batiu por baixo a Adrián redondeando o bo partido que fixo.

Puido empatar o As Pontes no desconto, pero o tiro de Iván sacouno Guille baixo paus (92´).

Non houbo tempo para máis e o Sanxenxo con 7 puntos marcha no furgón de cabeza e o As Pontes con 1 comparte inquedanzas con Ordes, Choco e Bertamiráns.

O próximo fin de semana toca visita do reforzado Vilalbés, equipo que marcha con 4 puntos, e buscará a vitoria no Poboado ante un As Pontes que a necesita moito máis.

X.SANXENXO. Vila, Peña, Suso, Héctor, Guille, Alfonso, Nel, Jonathan, Cuchi, Ramón (Diego 83´), Hugo (Tinaia 93´).

CD AS PONTES. Adrián, Rochela, Nano, Dani, Aitor, Fidi (Iván 59´), Amado (Alex 71´), Bossa, Arias, Santi (Chis 82´) e Pablo.

Goles: 1-0, Ramón (Minuto 82).

Árbitro: Uxío Caamaño Vázquez (Vigo).Auxiliado nas bandas por Veloso e González. Amoestou a Jonathan, Cuchi, Nano, Bossa, Chis e Alex.

Campo e incidencias. Campo Municipal de Baltar de Arriba. Uns 200 espectadores en tarde soleada.

Sanxenxo-Aspontes_0001.jpg

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Sanxenxo-Aspontes

Nova Cortesía de A.F e Xose Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios