Amigus
As Pontes

Adiantan a saída do Doom 3 en España

Lendo codigocero.com:
“O vindeiro día 13 poderase adquirir o xogo Doom 3 en España, adiantándose unha semana á data prevista inicialmente, prometendo ser o xogo do ano, nunha entrega máis escura e violenta que as anteriores.
O xogo presenta nesta ocasión un novo motor gráfico que da un alto grado de realismo e que foi o principal motivo da demora do programa, xa que precisaba de grande potencia por parte de ordenadores e tarxetas gráficas, xa que o sistema de luces e sombras empregado se converteu en toda unha obsesión para os seus desenvolvedores.”…


…”Doom 3 tamén permitirá distintos modos multixogador: combate mortal (todos contra todos), combate mortal en equipo, o derradeiro home en pe (gaña o que remate a partida vivo) e torneo.
O prezo en España será de 54,95 euros para a súa versión de PC, aínda que pronto chegará unha conversión para Xbox.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios