Amigus
As Pontes

XIII ROMARÍA CORAL GALEGA

Este domingo celebrarase na praza do Carme da vila pontesa a décimo terceira edición da Romaría Coral Galega. Este certame musical comezará ás sete (19,00) do serán.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este domingo celebrarase na praza do Carme da vila pontesa a décimo terceira edición da Romaría Coral Galega. Este certame musical comezará ás sete (19,00) do serán. En caso de chuvia trasladarase ó Auditorio Municipal Alovi.

O evento está organizado pola Federación Coral Galega en colaboración coa Coral Endesa As Pontes. Tamén colaboran o concello de As Pontes, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

En total participarán 22 agrupacións corais, sendo A Coruña a provincia máis representada con trece corais, seguida de Pontevedra con seis, Ourense con dúas e Lugo cunha só coral. Tódalas corais interpretarán en común sete obras e coa Banda Cultural de As Pontes tres, La del Soto del Parral, Va Pensiero (Nabucco) e o Himno Galego.

cartel-xiii-romaria-coral-galega

programa-xiii-romaria-coral-galega-2

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios