Este domingo celebrarase na praza do Carme da vila pontesa a décimo terceira edición da Romaría Coral Galega. Este certame musical comezará ás sete (19,00) do serán. En caso de chuvia trasladarase ó Auditorio Municipal Alovi.
O evento está organizado pola Federación Coral Galega en colaboración coa Coral Endesa As Pontes. Tamén colaboran o concello de As Pontes, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
En total participarán 22 agrupacións corais, sendo A Coruña a provincia máis representada con trece corais, seguida de Pontevedra con seis, Ourense con dúas e Lugo cunha só coral. Tódalas corais interpretarán en común sete obras e coa Banda Cultural de As Pontes tres, La del Soto del Parral, Va Pensiero (Nabucco) e o Himno Galego.
Nova cortesía de A.F.