Amigus
As Pontes

Xa queda de menos para a Feira do Grelo

[RTVi-As Pontes] A Feira do Grelo das Pontes celebra en dez días a súa vintacinco edición. Os programas de man xa están na imprenda, e espérase que nos vindeiros días xa estean circulando pola rúa.
As Pontes está xa preparado para celebra-lo vintacinco aniversario dunha das súas festas máis importantes, a do grelo. A Concellería de cultura traballa a pasos axigantados para ter todo previsto para a inauguración da exposición conmemorativa deste evento gastronómico, material gráfico, audiovisual, e todo aquilo que dalgún xeito estea relacionado coa historia desta feira que ano tras ano, cada domingo de Entroido, atrae a As Pontes a milleiros de visitantes.


Vintacinco anos de persistencia da Feira do Grelo constatan que As Pontes segue sendo un municipio vencellado ó campo. Precisamente desta relación naceu no ano 1.980 a primeria festa de exaltación deste producto do agro.
A edición número 25 da Feira do Grelo cae moi cedo, o 6 de Febreiro, unha circunstancia que favorece especialmente ós grelos xa que estamos na súa época. Esta é unha das razóns polas que se agarda que este ano se xunten nas Pontes, no marco do concurso de cestas máis dun centro de labregos.
Fonte: aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios