Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 30 / SETEMBRO / 1-2 / OUTUBRO / 2016

O As Pontes recibe este domingo no Poboado ó Bergantiños en partido da 7ª xornada de liga de 3ª División.

O As Pontes recibe este domingo no Poboado ó Bergantiños en partido da 7ª xornada de liga de 3ª División.

O conxunto de Carballo, que a pasada xornada goleou na casa ó Castro, ocupa a décima praza con tres vitorias e outras tantas derrotas.

Pola súa banda, o As Pontes é penúltimo con só dous puntos, aínda que o equipo que adestra Marco Roca está a mellorar no seu xogo e por merecementos debería estar máis arriba, pero ó remate das seis xornadas que se levan disputadas, dous empates na casa e catro derrotas pola mínima nas súas saídas.

O Bergantiños visita o Poboado por vixésima sétima ocasión dende que na tempada 1962/63 fixérao por primeira vez no Campionato Galego de Afeccionados gañando por un claro 6-1 o entón Calvo Sotelo, antecesor do actual CD As Pontes. Na pasada tempada rexistrouse empate a un gol.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (7ª xornada)
C.D. AS PONTES – BERGANTIÑOS F.C.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 25 DE SETEMBRO DE 2016 (17,30 h)
ÁRBITRO: UXÍO CAAMAÑO VÁZQUEZ (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD CARIÑO – AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL (Cariño)
SÁBADO 1 DE OUTUBRO DE 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES
CAMPO DE SAN CLAUDIO (Ortigueira)
DOMINGO 2 DE OUTUBRO DE 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 1 DE OUTUBRO DE 2016 (11,00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
FC ORTIGUEIRA  –  CD AS PONTES
CAMPO DE SAN CLAUDIO  (Ortigueira)
SÁBADO 1 DE OUTUBRO DE 2016  (11,00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 30 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL DO BECO (Cedeira)
SÁBADO 1 DE OUTUBRO DE 2016 (12,00 h)
CD AS PONTES B – SDCR O FREIXO NARÓN
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 30 DE SETEMBRO DE 2016 (19,00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios