Nota de prensa Xuntos por As Pontes: Concentración en sinal de disconformidade co pacto de investidura

Hoxe sábado 29 ás 19:30 diante do Concello.

A plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes súmase ás manifestacións que se celebrarán mañá por todo o país en sinal de disconformidade co proceso de investidura que se está levando a cabo nestes días, e que rematará co nomeamento de Mariano Rajoy como Presidente do Goberno.

Por isto convidamos a tódolos veciños e veciñas, así coma ás demáis forzas políticas da localidade, a unha concentración no serán de mañá:

Lugar: ás portas do Concello
Data: mañá sábado ás 19:30 horas

O pacto de investidura, feito a costa da intervención das oligarquías do PSOE, está deseñado para continuar coa folla de ruta dos recortes e as reformas estructurais, lexitimados a partir da modificación do artigo 135 da Constitución; para dar continuidade tamén ás políticas de turnismo parlamentario e para beneficiar ás empresas do IBEX 35 e aos grandes capitais.

Ante isto, queremos expresar a nosa disconformidade ante unha nova etapa de políticas que irán en perxuízo da maioría da xente que vive no noso país, quen precisa outro modelo de xestión dos recursos públicos que non pode ofrecer nin o Partido Popular nin os seus colaboradores.

Se queres amosar o teu rexeitamento aos recortes, ás privatizacións, á corrupción e os enganos, acompáñanos mañá ás 7.30 da tarde, diante do Concello.

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios