Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016-17: RESULTADOS 28-29-30 / OUTUBRO / 1 / NOVEMBRO / 2016

Importantísimo triunfo do primeiro equipo, e tamén do xuvenil e feminino.

Importantísimo triunfo do primeiro equipo, e tamén do xuvenil e feminino.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CF MANDIÁ (4-1)

O equipo feminino venceu ó terceiro clasificado Mandiá este martes por 4-1. As ferrolás adiantábanse no marcador por medio de Eva, pero un adesafortunado tanto en propia meta xusto antes do descanso situaba a igualada no marcador. Nunha boa segunda metade, os tantos de Noelia Ameneiro, Nuria e Carlota situaban o 4-1 definitivo, que situá ás de Julio Montero e Pita terceiras, empatadas a 21 puntos co Val B. Lidera o Maniños con 27. A vindeira xornada visitan ó perigoso EFR Ferrol, equipo que venceu a tempada pasada en Liga e Copa, pero que este ano leva 15 puntos e tres derrotas en oito partidos, ante Caranza, San Sadurniño e Maniños. Xogaron Leti, Yoli, Uxía, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Carolina, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Alba e Noelia Santalla.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD CARIÑO – CD AS PONTES (2-6)

O xuvenil logrou un importante triunfo, 2-6 en Cariño, dous goles de Cristian, e un de Carlos, Cazás, Casas e Pita, o que o sitúa na segunda praza con 16 puntos, e ten como máximo rival agora mesmo ó Meirás con 15. Lidera o Numancia con 19. Con dous partidos por diante visitan ó Cedeira, sexto, e reciben ós de Valdoviño na derradeira xornada, que pode ser clave para o acceso ás semifinais de Copa. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Pita, Cazás, Casas e Josiño, saíndo despois Cristina, Meidan, Alex Barro, Manuel Fernández e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
SRD PORTUARIOS B – CD AS PONTES (1-0)

Derrota do cadete 1-0 ante o Portuarios B, que gañou cun tanto de Víctor no inicio do segundo período. Seguen duodécimos con 4 puntos antes de recibir ó Amistade de Meirás B, terceiro.   Xogaron Juan, Eyob, Antonio, Nono, Santi, Antón Paz, Azoin, Xoel, Vicente, Xan e Jose, xogando despois Antón Cillero, Jorge, Xavi, e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD AS PONTES – RACING FERROL B (0-2)

Derrota do infantil 0-2 ante o Racing de Ferrol B. Os verdes adiantáronse pronto con tantos de Noel e Samuel, resultado que se mantivo ata o final sumando a súa quinta vitoria consecutiva. Os azuis son sextos con seis puntos na vindeira xornada visitan ó cuarto con 12 puntos, Cedeira. Xogaron Mario Regueira, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Joan, Mario Fraga, Jandro, Hugo, Manuel, saíndo despois Sergio Hermida, Edgar, Ismael e Iván.

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD (3-0)
O FREIXO NARÓN C – CD AS PONTES B (2-3)

O Alevín A gañou 3-0 á Cultural Maniños. Cuartos con nove puntos, reciben ó Cebarca, colíder con doce. Tantos de Alex Montero, Diego Purriños, e un en propia meta.

Vitoria do Alevín B 2-3 ante o Narón O Freixo C. Cuartos con sete puntos visitan ó Ortigueira, que ten tres. Anxo Blanco e Carlos Villasuso adiantaron ós azuis no primeiro tempo, e pesar de que os locais empataron a 2-2 no segundo, nos derradeiros minutos Anxo Blanco anotaba o tanto da vitoria.

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS B (3-4)
RACING SAN PEDRO B – CD AS PONTES B (3-6)

Derrota do Benxamín A ante o Portuarios B 3-4. Sextos con seis puntos visitan ó EFR Ferrol C, que ten nove. Os azuis empataron por dúas veces, 2-2 e 3-3, pero no derradeiro instante gañou o equipo ferrolán. Tantos de Adrián Díaz, Alejandro Leal e Sergio Vázquez.

O Benxamín B venceu 3-6 ante o Racing San Pedro B. Quintos con seis puntos reciben ó Galicia Caranza D, que ten cinco. Dous goles de Xoel Vigo e Alexander Venancio, e un de Xavi Regueiro e Xalo González.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
GALICIA CARANZA C – CD AS PONTES (0-3)
CD AS PONTES B (Descansa)

O Prebenxamín A gañou 0-3 ó Galicia de Caranza C, e sitúase segundo empatado con EFR Ferrol e San sadurniño, con 15 puntos, descansando na vindeira semana.  Goles de Iker Ares, Felipe Riveira e Xandre Domínguez.

Descansou o Prebenxamín B, que na seguinte xornada recibe ó Val.

Nova cortesía A.F. e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios