Todos en Internet chega a As Pontes

Unha aula móbil da campaña de sensibilización dos cidadáns sobre o uso da rede estará os días 5 e 6 de marzo nas Pontes. O patio do colexio Santa María acollerá a unidade itinerante de internet, dotada con 25 computadores e conexión a banda ancha vía satélite.


Promovida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e a entidade pública empresarial Red.es, a campaña pretende potenciar o coñecemento e o uso de internet entre os cidadáns.
Durante 45 minutos, e coa axuda de persoal especializado, os visitantes recibirán unha aproximación ao manexo de internet e comprobarán as vantaxes que proporciona o uso da rede.
Os interesados poden obter máis información e concertar unha cita no teléfono 902 011 010 ou na web da campaña.

También podría gustarte
Comentarios