Amigus
As Pontes

A vía entre As Pontes e Momán percorrerase en 12 minutos

Lendo diariodeferrol.com:
“O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, afirmou no Parlamento galego que as prioridades do seu departamento para a zona das Pontes son a mellora das conexións da comarca de Ferrol coa autopista, incluída a zona industrial de Vilar do Colo, e as instalacións portuarias de Punta Promontorio en Mugardos, así como a autovía do noroeste. Núñez Feijóo asegurou que este obxectivo se está a cumprir a traveso dun investimento de 27 millóns de euros tanto en vías de alta capacidade como en estradas convencionais, o que implica unha aposta moi clara da xunta polo progreso das Pontes. Con respecto á conexión viaria entre a vila pontesa e Momán, o titular de Obras Públicas asegurou que está perfectamente garantida coas actuacións que a Xunta está a levar a cabo”…


Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios