Amigus
As Pontes

Nova programación de Teatro e Música nas Pontes

Outubro será o mes do teatro nas Pontes, xa que a Concellería de Cultura ten programadas unha serie de actuacións para as fins de semana do mes.


As montaxes están destinadas tanto a público adulto como infantil e nesta ocasión trocarán o día habitual en anos anteriores, para ofrece-la representacións o venres, para posibilita-la asistencia dos universitarios e tamén o domingo.
Isto implica que o comezo da nova programación de cine vai adiarse ata novembro, e ó Departamento de Cultura traballa xa na busca das mellores películas da tempada.
Representacións:
27 de setembro: o Grupo Santiagués Chévere porá en escea a obra “Río Bravo 02”. Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, e outros coñecidos actores galegos escenifican unha irónica versión dun western tan coñecido como foi Río Bravo.
3 de outubro: a compañía Bucanero, tamén de Compostela, ofrecerá a obra “Tres Notas”, da que é autor José Luis Prieto, e dirixe Santi Prego. Esta montaxe pretende abordar de xeito impertinente a vella indagación humanade se hai vida logo da morte.
5 de outubro: para público infantil, a compañía Teatre Arca, de Barcelona, e a obra “A Biblioteca Máxica”.
10 de outubro: o grupo sevillano Los Ulen, ofrecerá a obra “Bar de Lágrimas”. Trátase dunha comedia de tintes negros, onde os protagonistas, habitantes dun bar, conversan sobre as súas historias personais.
12 de outubro: La Sal Teatro, de Granada. A obra titúlase “El gran traje”, e obtivo o premio ó mellor espectáculo, mellor escenografía, mellor vestiario, emllor actriz e mellor dirección da Feira do Teatro do Sur 2002. Ademais logrou tamén o premio á mellor escenografía na Feten 2002 e ó mellor espectáculo en Imagina 2002.
17 de outubro: a compañía EME 2 produccións, con “Malicia”, interpretada pola pontesa Mercedes Castro e por Anabel Gago, e coa dirección de Cristina Domínguez.
A programación cultura inclúe tamén varias actividades para escolares. O 25 de setembro disfrutarán coa obra Pedro e o Lobo, da compañía coruñesa Tres Globos e o 2 de outubro Títeres Trompicallo porá en escena a montaxe Manolito Camaleón.
Tamén haberá música para os estudiantes. O sete de novembro un grupo do conservatorio ofrecerá un concerto didáctico.
Fonte: Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios