O enlace da A-64 co vial Ortigueira-As Pontes terá 3,6 kilómetros

Lendo diariodeferrol.com:
“A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda somete a información pública o proxecto de construcción da variante que enlazará a estrada de Ortigueira-As Pontes coa autovía do Cantábrico.”…


…”Trátase dunha infraestructura que discurrirá ó longo de 3,6 kilómetros e que implica un gasto de 6,6 millóns de euros.
A realización deste proxecto, incluido no Plan Galicia, beneficiará fundamentalmente ós veciños das poboacións antes citadas, polo que dará servicio a máis de 21.000 persoas.
A vía terá dous carris de 3,5 metros de ancho cada un, así como arcéns de 2,5 metros e desniveis de 6,9%.
Glorieta e viaducto
A realización, ademáis, implica a construcción de dúas glorietas en interseccións e un viaducto sobre o ría Brixeo de 160 metros.
Ó longo do percorrido planifícase e levarase a cabo unha restauración vexetal, polo que na actuación tamén cabe a instalación de bancos e papeleiras.
A Xunta, ademáis, comprométese a repoñe-los servicios que poidan verse afectados polo desenvolvemento das obras.
O documentos permanecerá exposto ó público durante os próximos trinta días.
Este período de consultas iníciase despois de que a Xunta de Galicia informase onte do trámite administrativo.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios