Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 4-7-8 / XANEIRO /2017

Primeiro partido do ano e primeiro da segunda volta no Poboado entre o As Pontes e o ascendido Céltiga

Primeiro partido do ano e primeiro da segunda volta no Poboado entre o As Pontes e o ascendido Céltiga

Despois de case tres anos, o Céltiga da illa de Arousa volve ó Poboado. Naquel partido, tamén na 3ª División, o As Pontes gañara por 3-2. Na Illa vencera por 0-2

Con anterioridade o entón Endesa As Pontes gañara dous partidos polo mesmo resultado, 2-0, e empataran a cero goles no primeiro choque entre os dous equipos, na época dourada do cadro pontés que lograra o primeiro ascenso á 2ª División B.

Pero iso é historia. Actualmente os dous equipos están separados por oito puntos, o Céltiga é 15º con 21 e o As Pontes, penúltimo con 13, despois de gañar ó Ribadumia na derradeira xornada da primeira volta. Vitoria que tamén logrou o conxunto da Illa no campo do Castro, despois de sete derrotas seguidas.

Na xornada inaugural de liga da presente tempada o Céltiga gañou (2-0) no seu campo o primeiro partido oficial, xa que os anteriores foron tres vitorias e un empate dos ponteses.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (20ª xornada)
C.D. AS PONTES – CÉLTIGA F.C.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 8 de Xaneiro de 2017 (16:30 h)
ÁRBITRO: ALEJANDRO DEL RÍO AMOR (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 7 de Xaneiro de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES (Descansa)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
ÁNIMAS SRD – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Ferrol)
Mércores 4 de Xaneiro de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
AD MIÑO – CD AS PONTES
Campo de Gallamonde (Miño)
Sábado 7 de Xaneiro de 2017 (10:45 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
SDCR NARÓN O FREIXO B – CD AS PONTES
Campo de Río Seco (Narón)
Sábado 7 de Xaneiro de 2017 (10:30 h)
CD AS PONTES B – RACING DE FERROL C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 7 de Xaneiro de 2017 (10:30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 7 de Xaneiro de 2017 (11:40 h)
RACING DE FERROL B – CD AS PONTES B
Campo da Malata-2 (Ferrol)
Xoves 5 de Xaneiro de 2017 (12:00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
RACINF FERROL – CD AS PONTES
Campo da Malata-3 (Ferrol)
Sábado 7 de Xaneiro de 2017 (13:30 h)
CD AS PONTES B – CULTURAL MANIÑOS SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 7 de Xaneiro de 2017 (12:45 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios