O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo inicia a segunda volta da competición visitando ó equipo palentino do Guardo

Despois do empate a tres goles en Alba de Tormes, segunda saída consecutiva do cadro pontés a terras castelán leonesas. Neste primeiro partido da segunda volta xoga en Guardo, equipo que gañou na Fraga por 4-5 na xornada inaugural da liga. Ocupa a segunda praza a cinco puntos do Noia. Gañou nove partidos, empatou tres e tan só perdeu un encontro, precisamente na anterior xornada na súa propia pista ante o Noia (1-4)

Nas tres tempadas anteriores, o equipo local sempre logrou a vitoria (5-3, 7-3 e 6-4).

No equipo que prepara Javi Saa, sexto con 21 puntos, son baixas o porteiro Iván, por motivos laborais, e Lito, que cumpre sanción logo de ser expulsado no choque contra o Albense. Volven á convocatoria Javichu e Púas, que a anterior xornada non viaxaron á localidade salmantina.

SEGUNDA DIVISIÓN B (14ª xornada)
GUARDO F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 28 – Xaneiro – 2017 (18,00 h)
Pavillón Municipal (Guardo)
LIGA TERRA CHA

SÁBADO 28 DE XANEIRO
PAVILLÓN MUNICIPAL DE A PASTORIZA
Infantil: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (11:00)
Benxamín: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (12:00)
Alevín: PASTORIZA – O ESTEO F.S. (12:50)

12ª XORNADA LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES

DOMINGO DÍA 29 DE XANEIRO
PAVILLÓN MUNICIPAL DA FRAGA

MATOJOMA-LAS TORRES – O ESTEO F.S. “B” (19:00)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios